Curso 15-16
Mes
|
Actividades
|
Setembro
|
|
Novembro
|
|
|
|
Carnaval Visita - Presentación - Chaqueta |
|
Museo do Ferrocarril- Día Árbore Campionato escolar de Xadrez Día da Poesía - Manuel María |
|
Abril
|
|
Maio
|
|
Xuño
|
|
Xullo
|
|
Agosto
|
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
INVESTIGAMOS
Para celebrar os días mundiais da Árbore e da Auga os alumnos de 5ºB realizamos tres
murais sobre a Reserva da Biosfera Terra do Miño.
Ciclo das árbores
Sobre o esquema dunha árbore colocamos e definimos a
seguinte terminoloxía:
Raíz, talo,tronco,póla, flor, froito,copa, albura,
durame, corteza…
Raíz .- é un órgano das plantas, carente de follas, que serve para fixar a
planta ó chan, de onde absorbe as materias nutritivas para o seu crecemento.
Talo.-
é, entre as plantas
con flores, o eixo, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran
as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.
Tronco.-
é o talo principal das árbores e arbustos.
Póla.-
gallo ou rama é a parte da árbore na que medran as súas follas.
Flor.-
é o órgano reprodutivo das planta chamadas anxiospermas
Froito.- é
o ovario fecundado e maduro que contén as sementes dunha planta con flores.
Copa.- é densa
e irregular por regra xeral, fórmana as follas.
Albura.- Parte nova nos
aneis dun tronco.
Durame.- é a designación dada á parte do
xilema da madeira que xa non participa activamente na condución de auga ou zume,
asumindo unha función esencialmente de soporte mecánico da estrutura da planta.
Corteza.- É a capa exterior do tronco.
Carla,Iván,Andrea
Ilas,Paula,Samanta.
Ruta do tesouro do Miño
Sobre o mapa
da provincia de Lugo,sinalamos a ruta que percorren os protagonistas da nosa
historia. Saíran de Lugo para relizar asúa propia excursión e chegan a Meira e
alí ao Pedregal de Irimia, Guitiriz, Castro de Rei, Abadín e Meira.
Lidia,Eva,Andrea
Pereira,Leticia , Helena.
Seres
Mitolóxicos.
Fixemos un
inventario dos seres mitolóxicos que apareen na aventura, démoslle una pequeña
definición e intentamos debuxalos.
Olláparo.- ou Alláparo é un ser mitolóxico galego. É unha especie de
xigante antropófago que só ten un ollo no medio da fronte, brután e feroz, moi
salvaxe e voraz, gran comellón, que vive nas cavernas nos bosques e nos montes,
sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense.
Ninfa.-
é un ser mitolóxico membro dun
grande grupo de espíritos femininos da natureza, ás veces unidos a un lugar ou
orografía particular.
Orco.-
é unha criatura fantástica moi
frecuente en relatos de fantasía épica. É unha raza antropomorfa de costumes
brutais creada pola imaxinación .
Xacio.-
é un ser mitolóxico coa metade
inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina.
Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.
Lobishome.- é un homeque se cre convertido elobo e se comporta como tal. Os
lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra.
Tamén se denomina co termo culto licántropo.
Nico, Mateo, Alex,Hugo.
O Ciclo da Auga
Realizamos
un mural para explicar o ciclo da auga e definimos algún termos relacionados co
tema.
Hidrosfera.- é a capa do
planeta Terra que ten auga
Xeo.-
é o nome dado a fase sólidas coñecida da auga.
Neve.-
é un fenómeno meteorolóxico
consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo.
Vaporización.- é o cambio de
estado de líquido a gasoso.
Fusión.-
é o cambio de estado de sólido
a líquido.
Solidificación.- é un estado da materia, coas características de ter volume
e forma definidos .
Transpiración.-O vapor cando sae en forma de gotiñas de auga.
Condensación.-é o proceso físico que consiste no paso dunha substancia en forma
gasosa á forma líquida.
Acuífero.- é unha capa
subterránea, o suficientemente porosa para conter auga e permeable para
permitir que a auga circule libremente.
Precipitación.- é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe
chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.
Teo,Pablo,Marcos,Aarón.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
MURAL MARIÑEIRO
(1/12/2013)
Presentámosvos este fermoso mural dos nosos alumnos de 5ºB, no que se pon de manifesto as súas grandes habilidades plásticas e a capacidade de combinar nunha soa actividade tres proxectos do centro: a prensa na escola, a reciclaxe e os rios e mares.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
XA TEMOS POLIÑOS
O luns pola mañá tiñamos una sorpresa na clase. Os nosos
poliños naceros pola noite, estábannos agardando. Todos os ovos xa picados e
os poliños na incubadora!
Os pitiños xa están no seu novo
fogar. Pola tarde preparamos a súa nova casa, con "calefacción",
comida, agua e papeis de xornal no fondo para poder limpialos todos os días.
Antes de estrear a súa casa deon uns paseos polas mesas na
compaña dos nenos.
Agora,
durante uns días terémolos na clase e ocuparémonos do seu coidado, dándolles
a comida, poñéndolles a agua e limpándolles a casa.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
OS POLIÑOS
Na clase de 4 años ao longo do mes de novembro estase a desenrolar o proxecto "Os poliños"
O pai dunha das alumnas trouxo unha incubadora e ovos para incubar.
Os alumnos están moi ilusionados e implicados neste proceso de incubación, ocupándose da auga, de falar a modiño e de aprender moitas, moitas cousas, mediante
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
CHEGOU O SAMAÍN
(4/11/2013)
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A VENDIMA
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
(24/11/2013)
O 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar, baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Por coincidir coa folga dicidimos diversificar esta celebración ao longo da semana centrándonos en diferentes actividades de animación relacionadas coa biblioteca:
E xa para rematar este día festivo, aquí tedes un novo xogo educativo; espero que vos guste.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A Prehistoria
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
CHEGOU O SAMAÍN
(4/11/2013)
O día 1 de
novembro e o primeiro día do ano no calendario celta. A noite do 31 de outubro,
momento no que remata o verán e entra o inverno, os celtas celebraban a festa
do Samaín, pois segundo as súas crenzas durante esta noite unha “porta”
abríase e a dimensión dos vivos quedaba
en comunicación coa dimensión dos mortos.
Con motivo desta
festividade de orixe celta cabazas e morcegos, pantasmas e esqueletos, bruxas
con escoba e outras representacións típicas do Samaín & halloween comezaron a pulular polo noso centro dende o
venres 25. Representacións que conviviron cun conto de “medo”, sabiamente posto
en escea por Bea, a nosa coidadora.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A VENDIMA
(28/10/2013)
Os alumnos de 5 anos estiveron traballando o tema da vendima, comezando polos ríos máis próximos, en cuxas ribeiras se atopan os viñedos; logo coñeceron distintos tipos de uvas e distintos utensilios (cestos, culeiros, cestas, caixas, sacos …) empregados para a súa recolección, así como medios de transporte (entre eles a barca de paso, que antano servía para transportar os culeiros polo río),+(56).JPG)
Os alumnos de 5 anos estiveron traballando o tema da vendima, comezando polos ríos máis próximos, en cuxas ribeiras se atopan os viñedos; logo coñeceron distintos tipos de uvas e distintos utensilios (cestos, culeiros, cestas, caixas, sacos …) empregados para a súa recolección, así como medios de transporte (entre eles a barca de paso, que antano servía para transportar os culeiros polo río),
e tamén unha sínteses do proceso de
elaboración (por exemplo, pisar as uvas, prensado, embotellado...).
Todo elo combinado coa literatura e a plástica.
Aquí temos unhas
fotos que deixan constancia do seu importante traballo.
Excelente traballo!!!
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
(24/11/2013)
O 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar, baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Por coincidir coa folga dicidimos diversificar esta celebración ao longo da semana centrándonos en diferentes actividades de animación relacionadas coa biblioteca:
- - Lectura: dende o luns un fermoso cadro-libro, na entrada, invítanos a pasar .
- - Escritura. tamén, na entrada, colocamos o martes (máis ben o mércores) un atril con un libro en branco para, de xeito totalmente voluntario, ir escribindo unha historia de tema libre con debuxos e sen máis limitación que o respecto e a non discriminación por razón de raza, sexo ou relixión. Unha vez rematado farase unha lectura comunitaria e logo exporase na biblioteca.
- - Cine: mércores e venres a biblioteca convértese en sala de cine. O mércores 4º, 5º e 6º ven “Corazón de tinta” e o venres téresmos dúas sesións, pola mañá 1º, 2º e 3º ("El guardíán de las palabras") e pola tarde alumnos de infantil. Cada unha destas películas vai acompañada dunha guía de actividades para traballar antes e despois da proxección.
- - Investigación : unha exposición de Embarcacións Fluviais, composta por maquetas das distintas barcas dos ríos galegos, seis paneis informativos e tarxeta informativa de cada unha das barcas. Exposición situada dende o mércores na parte alta da biblioteca, facilitando, deste xeito, que sexa vista por todo o alumnado na hora do recreo; na próxima semana terán lugar as visitas guiadas a grupos de alumnos interesados, visitas con titores interesados, traballos voluntarios de investigación, etc.
Momento no que un alumno de 2º, durante o recreo, séntase a ler os paneis informativos e mirar a exposición. |
- Poética:
Si buscas
aventuras.
Si es de Monforte
Ven á Biblioteca!
Ven a
Biblioforte!
Todo isto
foi e é posible grazas ao traballo en equipo e a colaboración de
moitas persoas, (poetas, pintores, escritores, manitas, informáticos, etc) ,
motivados pola boa acollida que teñen entre os nosos alumnos.
Neste caso tamén temos que agracer a
Barcas do Miño, que de forma totalmente altruista, prestounos esta exposición e que moi amablemente facilitounos
información e asesoramento.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A Prehistoria
Ao longo do mes de outubro as profes Eli e Dolores están a
desenrolar cos nenos de 4 anos o proxecto da Prehistoria.
A través dos proxectos os nenos adquiren un amplo
vocabulario e aprenden sobre temas motivadores para a súa idade.
A tarefa é polas tardes e trabállanse todos os
aspectos do tema: lume, animais, modo de vida, pinturas, instrumentos musicais,
xoias... todo moi diferente a hoxe en día.
Os nenos participan de modo activo na realización dos traballos e con
eles elabóranse o mural, os monicreques, o fotomatón…
14 -10-2013 Eli e Dolores