Como estamos preto do Nadal invítovos a coñecer e lembrar a mítica figura do Apalpador, carboeiro que según a tradición baixa a noite do 24 ou 31 de decembro a apalpar as barrigiñas aos meniños deixándolles un montón de castañas.
Aquí tedes unhas breves cancións tradicionais, recollidas da wikipedia, e un LIM que forma parte dunha Procura do Tesouro sobre o Apalpador, da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
- Hoxe é día do Nadal,
- día do Noso Señor
- ide logo para a camiña
- que vai vir o Apalpador.
- ·············
- Hoxe é día do Nadal,
- vai neniño para a camiña
- que vai vir o Apalpador
- a apalparche a barriguiña.
- ·············
- Hoxe é día do Nadal,
- que haberá gran nevarada,
- e há vir o Apalpador
- cunha mega de castañas.
- ·············
- Por aquela cemba,
- xa ven relumbrando,
- o señor Apalpador
- para darvos o aguinaldo.