lunes, 10 de diciembre de 2012
O poema da semana 50/12
Esta semana temos un poema moi especial, pois moitos de nos coñecemos a súa autora,si, trátase de Mª Carmen Iglesias, mestra neste colexio ata fai pouco.
Cando lle pedín se quería participar nesta sección da nosa biblioteca aceptou gustosa e ao pouco tempo madoume este fermoso poema e moitos, moitos saudos para todos.
Avoa
Miña nai, ten unha nai,
que miña nai chegou a ser
pois ata cando respiro
eu sinto o seu querer
Cando era pequeniña
no berce me arrolaba
cansiña de traballar
de min nunca se cansaba!
Agora que son grandiña,
ando polo mundo adiante
os seus exemplos e consellos
sérvenme de estandarte.
Deus che dea longa vida
avoa, avoiña churrusqueira
pois ainda que estou lonxe
síntote á miña beira.
Mª Carmen Iglesias
Grazas Carmen.