jueves, 7 de febrero de 2013

O carnaval tradicional na zona sur de Lugo


Para que durante o Carnaval ademáis de pasalo moi ben e descansar  vos convertades en observadores, investigadores e bibliocolaboradores invitámosvos a realizar este BiblioPreguntón, inspirado -copiado en parte- na caza do tesouro atopada no  recanto de MIK, e que vos axudará a coñecer e valorar un pouco máis do carnaval da voso entorno. 
A información podédela atopar na observación directa dos carnavais desta zona sur de Lugo, nos xornais, na televisión, nos vosos familiares e veciños e nos enlaces web que  máis abaixo aparecen así como no pequeno resumo que elaboreí sobre o carnaval tradicional desta zona.
Agardamos a vosa participación. Ánimo!!!



 

ENLACES WEB:
  • Enlaces Web sobre o carnaval da Zona Sur de Lugo


O OSO DE SALCEDO

ENTROIDO RIBEIRADO



 O CARNAVAL TRADICIONAL DA ZONA SUR DE LUGO

A continuación tedes un
 pequeno resumo textual e fotográfico sobre o 
Carnaval tradicional na Zona Sur de Lugo



Carnaval, que é?: período de tres días que procede á coresma, máis popularmente coñecido como entroido / antroido. Nalgunhas zonas de Galicia este período é superior a tres días.

Por que Carnaval / Entroido?: a palabra carnaval procede do latín CARNE LEVARE  (= levar a carne, quitar a carne), facendo alusión a que despois do martes de carnaval, ao comezar a coresma, non se podía comer carne. A palabra entroido ou antroido ten unha etimoloxía similar, pois proven do latín INTROITU (=entrada) indicando o período que precede o comezo da coresma.

O Carnaval tradicional na zona Sur de Lugo:

·        O Oso de Salcedo: varias semanas antes do entroido os veciños de Salcedo “tizánlle” a lareira para conseguir o feluxe (charrizo, sarrio) que mezclado con auga converterase na poción secreta (líquido denso e negro) coa que o Oso o luns e o martes de carnaval tisnará (chisnar, enlarafuzar, manchar) a cara e o corpo dos seus prisioneiros. Este Oso ten varios axudantes coñecidos como Criados que son os encargados levar o caldeiro coa pócima secreta e de coller entre o público xente (prisioneiros) e levarlla ao Oso para que a tisne ben deixando a súa especial pegada de carnaval.

·        O Entroido Ribeirao:  un mes antes, máis ou menos, do domingo Lambedoiro os amigos do Entroido Ribeirao percorren as parroquias limítrofes en busca das campaíñas que durante o ano as vacas levan colgadas no pescozo e colócanas no cinto co que durante o entroido os volantes amenizaran as festas  e as aldeas limítrofes; pois durante o entroido  volantes e maragatos van pedindo viño polas portas para invitar a beber aos que acuden ao campo da festa os catro días de carnaval (tres domingos: Lambedoiro, Corredoito e Entroido e o Martes de Carnaval) e vender o sobrante para sufragar os gastos do carnaval (pagar aos músicos –normalmente gaiteiros-, arranxar as campaíñas que rompía, mercar cintas de cores para o pucho, etc.). No campo da festa os volantes son os encargados de introducir e presentar os distintos Oficios (pequenas representacións a modo de teatro mudo, con xestos, acenos ou ruidos bucais realizadas polos mecos baixo a protección e supervisión dos maragatos ou peliqueiros) e por unha particular nota de son, danza e colorido,  sempre acompañados polos maragatos ou peliqueiros -coas suas chocas- encargados de protexer o pucho e a representación dos oficios,  facer trasnadas, coller entre o público aos “figurantes", figura imprescindible para a realización dos oficios e que case sempre acaban enlarafuzados.