ROSALÍA DE CASTRO
A escritora e poetisa Rosalía naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Pese a que escribiu novelas, destacou especialmente no eido da poesía moderna.
É considerada unha das máis grandes escritoras do século XIX e xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez, unha das escritoras máis destacadas do "Rexurdimento galego" e precursora da poesía moderna.
Escribiu en lingua española e galega. O feito de apostar pola lingua galega nunha época en que o galego estaba reducido a un mero dialecto convértea nun símbolo do seu pobo. A súa obra, Cantares Galegos, é considerada como a primeira obra da literatura galega contemporánea coa que se afianza o renacer cultural galego.
No seguinte enlace podedes ler algúns poemas de ROSALÍA DE CASTRO
Tamén a continuación tedes algúns poemas de Rosalia recitados ou musicalizados:
.