martes, 26 de marzo de 2013
Día do Libro
23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO
Sabedes por que?
A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que realmente no fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao "calendario juliano," que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o día 22, sendo enterrado o día 23.
A obra máis importante de don Miguel de Cervantes Saavedra é sen dúbida : "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha,"que forma parte da literatura universal. Escribiu moitos libros máis. Pouco antes de morrer adicou ao conde de Lemos o seu libro "Los trabajos de Persiles y Segismunda" .
William Shakespeare é un escritor inglés mundialmente coñecido pola súa obra "Romeo e Julieta", tamén escribiu "Hamlet", "Otelo