jueves, 24 de octubre de 2013

Día Internacional da Biblioteca

 O 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar, baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
 Por coincidir coa folga dicidimos diversificar esta celebración ao longo da semana centrándonos en diferentes actividades de animación relacionadas coa biblioteca:


  • -          Lectura: dende o luns un fermoso  cadro-libro, na entrada,  invítanos a pasar .
 

  • -         Escritura. tamén, na entrada, colocamos o martes (máis ben o mércores) un atril con un libro en branco para, de xeito totalmente voluntario, ir escribindo unha historia de tema libre con debuxos e sen máis limitación que o respecto e a non discriminación por razón de raza, sexo ou relixión. Unha vez rematado farase unha lectura comunitaria e logo exporase na biblioteca.



  • -         Cine: mércores e venres a biblioteca convértese en sala de cine. O mércores 4º, 5º e 6º ven “Corazón de tinta” e o venres téresmos dúas sesións, pola mañá 1º, 2º e 3º ("El guardíán de las palabras") e pola tarde alumnos de infantil.  Cada unha destas películas vai acompañada dunha guía de actividades para traballar  antes e despois da proxección.
 
  • -         Investigación : unha exposición de Embarcacións Fluviais, composta por maquetas das distintas barcas dos ríos galegos, seis paneis informativos e tarxeta informativa de cada unha das barcas.  Exposición situada dende o mércores na parte alta da biblioteca, facilitando, deste xeito, que sexa vista por todo o alumnado na hora do recreo; na próxima semana terán lugar as visitas guiadas a grupos de alumnos interesados, visitas con titores  interesados, traballos voluntarios de investigación, etc. 
 
Momento no que un alumno de 2º, durante o recreo, séntase a ler os paneis informativos e mirar a exposición.
  •  Poética:
Si buscas aventuras.
Si  es de Monforte
Ven á Biblioteca!
Ven a Biblioforte!


Todo isto foi  e é posible grazas ao traballo en equipo e a colaboración de moitas persoas, (poetas, pintores, escritores, manitas, informáticos, etc) , motivados pola boa acollida que  teñen entre os nosos alumnos.

Neste caso tamén temos que agracer a Barcas do Miño, que de forma totalmente altruista,  prestounos esta exposición e que moi amablemente facilitounos  información e asesoramento.

E xa para rematar este día festivo, aquí tedes un novo xogo educativo; espero que vos guste.