lunes, 4 de noviembre de 2013

Chegou o Samaín




O día 1 de novembro e o primeiro día do ano no calendario celta. A noite do 31 de outubro, momento no que remata o verán e entra o inverno, os celtas celebraban a festa do Samaín, pois segundo as súas crenzas durante esta noite unha “porta” abríase  e a dimensión dos vivos quedaba en comunicación coa dimensión dos mortos.
Con motivo desta festividade de orixe celta cabazas e morcegos, pantasmas e esqueletos, bruxas con escoba e outras representacións típicas do Samaín & halloween  comezaron a pulular polo noso centro dende o venres 25. Representacións que conviviron cun conto de “medo”, sabiamente posto en escea  por Bea, a nosa coidadora.