O pai dunha das alumnas trouxo unha incubadora e ovos para incubar.
Os alumnos están moi ilusionados e implicados neste proceso de incubación, ocupándose da auga, de falar a modiño e de aprender moitas, moitas cousas, mediante fichas, manualidades e xogos pero sobre todo escoitando a profe Dolores e observando con atención todo o proceso (o movemento dos ovos, a temperatura da incubadora...).
Esperamos que os poliños nazan e os nenos vivan unha experiencia que será difícil de esquecer.