O 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé
María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Con esta reportaxe emitida no programa "Desde Galicia para o Mundo" sobre Díaz Castro empezamos a nosa particular homenaxe ao citado poeta o día en que se cumpren 100 anos do seu nacemento.
En segundo lugar parécenos moi interesante a información recollida na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o traballo realizado dende a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz , onde podedes atopar xogos sobre poesías, cancións, etc.