domingo, 20 de abril de 2014

23 de Abril, Día do Libro

Este ano queremos celebrar o día do libro centrandonos en tres aspectos:

1º.-   23 de Abril, Dia do Libro

Fonte: http://www.wikisaber.es/CentroDeRecursos/content.aspx?id=6571 
2º.-   Centenario: "Platero y yo" Juan Ramón Jiménez
 No ano 1914 ve a luz a primeira edición de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, polo tanto este ano cúmprense 100 anos da súa publicación, por ese motivo decidimos celebrar  o día do libro facendo unha lectura conxunta desta obra para homenaxear e coñecer  un pouco máis a Juan Ramón Jiménez e a súa obra literaria. Para facilitar este achegamento aquí tedes unha pequena selección de recursos, que agardo que vos sexan útiles (Fai clic no título)

3º.-   Ler Ciencia na Biblioteca 

"LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR",  lema elexido polas Bibliotecas Escolares de Galicia no curso 2013-2014, para trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Polo que nos pareceu que, este 23 de abril,  non podiamos esquecerrnos deste tipo de libros e temática.
Na mesa expositora podedes ver algúns e facendo clic no enlace (título) tedes unha  selección de libros de lectura con temática científica e tamén unha selección de páxinas web que nos achegan a ciencia dun xeito lúdico e didáctico. Agardamos que sexan do voso interese.