En consonancia co Plan de Lectura do Centro,
Biblioforte, quere incentivar, apoiar e valorar o papel fundamental das
familias no fomento da lectura e poren na mellora do rendemento académico dos
seus fillos, pondo en marcha proxectos de animación a lectura na familia, nos
que se prima o exemplo (“si ti les, eles len”) e a colaboración familia-escola.
Dentro do plan de animación a lectura na
familia dicir que este venres, día 10 de outubro, foi un venres moi familiar,
pois comezaron a súa andaina dous coñecidos proxectos: as Mochilas Viaxeiras e “Ler
en Familia” e a protagonista de “Os venres… un conto” foi unha nai.
Xunto a estes tres proxectos xa coñecidos e
valorados lembrar as familias a existencia doutros dous proxectos: ALEA (Autopréstamo/Animación
a Lectura Adulta) e ALIF (Animación a Lectura Infantil na Familia); dous proxectos
que pretenden fomentar a lectura abrindo o servizo de préstamo as familias, os
luns de 5 a 6 h., aproveitando a hora de pais.
Cando todos sumamos, melloramos!
Adxunto:
Triptico Ler en Familia
1.