2014-15
|
ITINERARIO LECTOR
– 6º
|
Antonio Fraga, O castañeiro de
abril, (2013) –Ed. Xerais.
3º Premio Merlin de Lit.
Infantil
|
Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo
Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive
coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un
pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na
praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coa súa
navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición
na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súa vida e unha chea de
acontecementos que trastornan a vida da xente do seu barrio. O Castañeiro de
Abril é unha historia de superación dunha dignidade tremenda e dunha afouteza
extraordinaria. Unha reivindicación das cousas miúdas, que adoitan ser a
principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións.
|
Xénero: Drama contemporáneo
|
Su cara lo hace distinto y él solo quiere ser uno más. Camina siempre
mirando al suelo, la cabeza gacha y el flequillo tratando en vano de esconder
su rostro, pero, aun así, es objeto de miradas furtivas, susurros ahogados y
codazos de asombro. August sale poco, su vida transcurre entre las acogedoras
paredes de su casa, entre la compañía de su familia, su perra Daisy y las
increíbles historias de La guerra de las Galaxias.
Este año todo va a cambiar, porque este año va a ir, por primera vez, a la escuela. Allí aprenderá la lección más importante de su vida, la que no se enseña en las aulas ni en los libros de texto: crecer en la adversidad, aceptarse tal y como es, sonreír a los días grises y saber que, al final, siempre encontrará una mano amiga. |
Ledicia Costas, Escarlatina, a coiñeira defunta, 2014,
Ed. Xerais
Premio Merlín 2014
|
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto,
un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan
as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século
XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento
francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto
viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o
tirano que goberna no Alén…
|
Valoracións:
- O Castañeiro de Abril: "Gozamos coa lectura deste marabilloso libro. Cheo de sentimentos e de capítulos que chegan verdaderamente ao lect@r. En xeral a valoración da clase foi moi positiva e gustou a tod@s polo que recomendamos a vosa lectura".