Hoxe, venres, 27 de marzo, no recreo, voltou ao noso centro unha ex - alumna moi especial para nós.
Leydi Aldana é invidente, pero iso non lle impide desenvolver as mesmas aprendizaxes, ter as mesmas alegrías e as mesmas ilusións que o resto do mundo.
É un exemplo de loita, de superación, de ledicia, que transmete a cada momento en cada un dos seus actos. Contonunos a fábula do lobo e a cegoña e unha historia de Peppa (en infantil) e respostou todas as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron, encantada de estar novamente eiquí.
Grazas Leydi¡¡