Do 19 ao 26 de Maio realizamos O Preguntón,
concurso no que participou practicamente o 100/100 do alumnado.
A entrega de premios fíxose en dous actos, por
un lado o día 5 venres, coincidindo co día mundial do Medio ambiente, tivo
lugar a entrega de premios do Preguntón aos alumnos de Primaria, e o luns día
8, entregáronse os de Infantil.
Grazas aos alumnos por participar e aos
profesores por colaborar; sen a vosa
axuda non sería posible!.
Moitas felicidades a os gañadores, pero sobre
todo moitas felicidades a todos os participantes, porque non debemos esquecer
co verdadeiro premio é traballar en equipo e aprender cousas novas.
Dende o equipo da biblioteca tentamos valorar
ao máximo a vosa participación, primeiro cunha corrección xusta e da cordo coas
bases e segundo elaborando con cariño e esforzo, os diplomas, as medallas e as
tarxetas de participación, un símbolo de valoración e recoñecemento ao esforzo
persoal e ao traballo en equipo.
Gustaríanos poder entregar aos gañadores uns
agasallos mellores, pero lembrade que, dadas as nosas limitacións económicas,
son un extra, e que o verdadeiro premio é que o voso esforzo e traballo en
equipo tivo éxito. Parabéns!!!