viernes, 2 de octubre de 2015

Mochilas Viaxeiras 15-16


Onte, a  primeira hora, foi a entrega das mochilas viaxeiras

 


Todos os nenos estaban agardando a súa chegada e foron recibidas con moita ilusión,
ansiosos por descubrir o DVD e as lecturas en galego, castelán e inglés da súa mochila e poder ler e ver, en familia, no caderno de bitácora os comentarios e ilustracións de todos os compañeiros.
Este ano engadimos ao  tradicional marcador de presentación da actividade, información referente ao fomento da lectura (os dereitos do lector de Daniel Pennac traducidos ao galego, os decálogos para pais e nenos do Ministerio de Cultura, …)

 

No hay comentarios: