domingo, 31 de enero de 2016

XOVES DE COMPADRES


Tras uns anos de non participación, este curso, a ANPA a Lagoa retomou a tradicional participación no xoves de compadres e comadres organizado polo concello, na praza de España. Presentando a concurso un  espectacular compadre “Don Quixote e os Muíños de Vento”, embarcado nunha singular expedición contra o xigante corrupción. Compadre que foi agraciado co 1º premio compartido co compadre do tamén colexio público de primaria, o CEIP A Gándara.
 
Moitas felicitacións por retomar a tradición perdida e polo premio acadado.

Sorte para o próximo xoves de comadres!!!!