O venres 22 pola mañá visitounos Érica Esmoris, autora do
libro “Nena e o mar”, Premio Merlin 2015, un dos libros lidos polos nosos
alumnos de 5º e 6º.
Falounos un pouco da súa vida, das súas afeccións: o mar,
os animais, a lectura e a escritura; das súas ocupacións e de cómo aparcou a
súa profesión de veterinaria pola literatura. Tamén nos explicou, dun xeito moi
didáctico e ameno, cal era o proceso que seguía para escribir os seus libros
e
como nacera e se fora fraguando “Nena e o mar”, as personaxes, a banda sonara…
e para rematar contestou a todas as preguntas que fixeron os rapaces e asinou
os numerosos libros que lle presentaron.