Hoxe un grupo de alumnos do centro
coordinados polas profesoras María José (orientadora) e Raquel (PT), prepararon
con moita ilusión a representación teatral de ”A Ratiña Presumida”. Ocupáronse
do decorado, da vestimenta, dos
complementos, de estudar moi ben o seu papel e coidar a interpretación, sen
cansarse de asistir aos diferentes ensaios para ir mellorando día a día e para
que a representación sexa un éxito.
Valoramos moi positivamente a realización de obras teatrais, dado que é unha actividade que fomenta a comunicación, a expresión oral, o traballo de grupo, a solidaridade e cooperación, fomenta a autoestima, etc.
Valoramos moi positivamente a realización de obras teatrais, dado que é unha actividade que fomenta a comunicación, a expresión oral, o traballo de grupo, a solidaridade e cooperación, fomenta a autoestima, etc.
A representación foi todo un éxito tanto polo
ben que os actores fixeron o seu papel senon tamén polo numeroso público
asistente, moitos familiares quixeron ver esta actuación.
Moitas grazas a estes alumnos por facernos
desfrutar de tan fermosa posta en escea.
Mañá desprazaranse ao C.E.E. Infanta Elena de
Monforte, onde repetirán esta representación ao alumando deste centro, actuación
enmarcada nunha actividade de coordinación intercentros da zona. O vindeiro
venres, día 6, serán alumnos dese centro os protagonistas do noso conto do
venres. Animo e a gozar desta fermosa experiencia!