A biblioteca organizou un karaoke que tivo lugar no recreo do día 16, contou coa participación dun numeroso número de alumnos e profesores.
Unha experiencia a repetir!
Tamén desde a biblioteca recompiláronse todos os poemas de Manuel María dedicados a Monforte e expuxémolos nunha particular torre da homenaxe situada á entrada da biblioteca.
Posteriormente o mércores, no patio, o grupo de danza galega amenizou cos seus bailes esta semana das letras galegas, xornada festiva na que participaron tamén o grupo de zumba e o de aprender a xogar.
Pasamolo estupendamente!.
O xoves, tocoulle o turno ao grupo de teatro, que puxo en escena a súa obra, "Os soños do Poeta"Sinopse: da imaxinación da escultora nace a estatua de pedra... animada, que irá lembrando os seus poemas mentres diversas personaxes van pasando pola escena.
Rematamos o venres cun conto contado por Cesar avó de Javier que nos transmitiu a gran sabedoría dos avós.