martes, 7 de junio de 2016

Noelia Sánchez, deportista de elite

Este martes, 7 de xuño, visitounos Noelia Sánchez, xogadora de voleibol excapitana de A Pinguela.


Esta deportista monfortina que se iniciou no voleibol de “rebote”, tras 8 anos (dende os 16 anos)  xogando na Superliga e 130 partidos oficiais coa selección española e unha mostra de que con esforzo e ilusión todo é posible.

A excapitana de A Pinguela, suma dous campionatos de Superliga, catro copas da Raiña e tres supercopas. A pasada campaña conquistou co seu equipo un triplete histórico. Ademais, esta temporada competiu con Naturhouse Ciudad de Logroño en Europa, certificando unha máis que aceptable primeira fase.

Ademais da súa importancia a nivel deportivo, amplamente recoñecida, queremos destacar a súa faceta humana, pois dun xeito totalmente altruísta veunos falar da súa experiencia como deportista, da importancia da alimentación, o deporte, o esforzo, etc.  incluso xogou coas alumnas de voleibol do centro e para rematar doou unha camiseta que se sorteou entre os alumnos e que Gabriela tivo a sorte de recibir.




Aquí posa con Gabriela, alumna agraciada coa súa camiseta e con  


Rubén López,
futbolista alevín do Calasancio que se estreou o pasado 13 de maio coa selección galega sub-12 en Murcia na fase final do campionato de España.
Moitas grazas Noelia!