ANIMACION Á LECTURA EN 4 ANOS
Durante este ano, os pais/nais dos nenos e nenas de 4 anos veñen a facernos pasar un ratiño máxico cando nos visitan para leernos os seus contos dentro da campaña de animación á lectura que se está a levar a cabo no noso centro.A primeira visita que recibimos foi a Mª del Carmen Souto que nos contó a historia do "Rato Pérez".
A segunda visita foi Mª. Angeles Mariño que nos contó a historia do "Peixe de ouro ".
Logo veu Consuelo Rodríguez que nos leeu o conto "Rei e Rei".
Tamén aceptou a nosa invitación Carlos Diego Méndez que relatou a historia "O pozo máxico"
Esperamos recibir moitas mais visitas xa que o pasamos moi ben.
O día 23 de marzo veu a contarnos o conto "A galiña vermella e o gran de trigo" Judit Meritxell Jorge.Pasámolo moi ben e dámoslle as grazas pola súa visita.
Hoxe día 27 de abril, volveu M. del Carmen Souto a leernos un novo conto, trátase do "Galo Kirico" que nos gustou moito. Fixemos unhas viseiras moi vistosas e traballamos nun puzzle que tiña un galo debuxado. O final recibimos un agasallo e dámoslle moitas grazas por pasar un rato con nos.
O día 13 de maio, volveu Consuelo Rodríguez a contarnos o conto do "Marciano Marcial", foi moi divertido e aprendimos moitas cosas sobre a alimentación saudable. Realizamos un recortable sobre a pirámide dos alimentos e unhas fichas sobre algunhas froitas que coñecemos e que xa comimos nalgunha ocasión. Tamén sabemos que non se pode abusar dos doces e golosinas e que se deben comer moitas froitas e verduras. Pasámolo moi ben. Grazas.