martes, 26 de marzo de 2013

Libros, Películas e Bibliotecas

LIBROS-PELÍCULAS E BIBLIOTECAS

“EL GUARDIAN DE LAS PALABRAS” (Maurice Hunt, 1994)

 Cando o protagonista se ve na obriga  de refuxiarse nunha  misteriosa biblioteca xunto ao  seu bibliotecario, comezará  vivir unha trepidante aventura na que os libros tomarán vida. Esta aventura,  permitiralle descubrir a maxia da biblioteca e  do seu contido.

MATILDA (Danny de Vito, 1996)

O mundo de Matilda son os libros e a biblioteca. Nos libros, atopa  todo aquelo que a súa familia non pode darlle.

HARRY POTTER

Nas catro películas, que narran a vida académica do xoven  mago Harry Potter,  rescátase  a imaxe da biblioteca como espazo misterioso, lugar de iniciación  e descubrimento.

LA HISTORIA INTERMINABLE III (Peter MacDonald, 1994)

O prezado libro de "La historia interminable" é roubado. Baltasar B.B.  é  o   protagonista da historia sen sabelo. Fantasía debe ser salvada  da “Nada”. Na   película  destaca a importancia da lectura para vivir aventuras incribles e para a formación dos xoves.
 
Se coñeces outros títulos nos que os libros sexan os protagonistas... fáinolo saber. Achéganos as túas suxestións e comentarios e os  colgaremos na web do cole.  
s e