MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O día 24 deste mes de outubro
comezamos a EXPOSICIÓN: "O MEU LIBRO FAVORITO". Os/As
alumnos/as do centro deixan o seu libro preferido para que os compañeiros/as
que así o desexen poidan compartir con eles a súa lectura.
"El guardián de las
palabras" será a película que invitará aos nosos alumnos/as a visitar e
quedar na biblioteca na procura de libros que os mergullen en estupendas
aventuras.
"O libro viaxeiro" é outra
das actividades dirixidas ao fomento da lectura é a mellora da competencia
lingüística dos nosos alumnos/as. Grazas a todas as familias pola súa
colaboración na elaboración do mesmo.