"Como actividade para o fomento da lectura, acabamos de ler na clase o libro Mil cousas poden pasar (Premio Merlín), de Jacobo Fernández Serrano. Pasámolo moi ben coas aventuras do Rei Pindo IV, cos seus fillos Leda e Mercurín. Tamén con esas personaxes e situacións disparatadas que acontecen na cidade de Nil donde todo é posible e a veces absurdo: Lina e Pouco, Hedión, Propicio…
Trátase dunha novela coral para pequenos na que dous mundos distantes e contrapostos (“dentro do mar” e “fora do mar”) acaban en contacto por mor dunha fermosa, relucente, dourada e sonora TUBA.
A tuba que o pequeno Pouco quería facer sonar xunto a súa fermosa Lina, a tuba coa que soñaba Hedión, o sepultureiro, a tuba que Mercurín e Neda querían regalar ao seu pai, o rei Pindo IV o Tratable.
Pero hai moito máis, o río Inrique, que marcha de viaxe de estudios, o pequeno Propicio e o seu afán pola limpeza e a orde no camposanto, un porco que quere estudar, un can pastor que prefire ser cocho, un xoieiro que se fai pastor, … e por enriba de todo, un AMOR inmenso e indestructible que leva a Lina a buscar sen descanso para recuperar ao seu querido Pouco.
Descubrimos moitos valores nos seus protagonistas: a familia, a humildade, o tesón,  diversidade,a responsabilidade e o amor. Tamén a desesperación e a impotencia,
Encántanos as ilustracións, cheas de cor e cuns rasgos peculiares nas que o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano amósanos  unhas personaxes diferentes e moi orixinais.
E todo tan ben narrado e tan ben ilustrado que non é posible deixar de ler ata chegar ao final, un final abarrotado de preguntas sen resolver…
Pois xa sabedes Mil cousas poden pasar…… e unha delas é que JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, autor e ilustrador de libros como A gardería de Dona Bixermina, A pedra e as formigas,Mil cousas poden pasar I e II….. e de cómics como Los amigos de Archiboldo Roque …visite o noso COLEXIO. Esperámolo con moitas ganas, estamos entusiasmad@s coa súa próxima visita."
portada 150

(Fonte: http://blogs.prensaescuela.es/onosorecanto/).