miércoles, 22 de abril de 2015

Día do Libro 2015


Este ano a nosa particular celebración do día do libro céntrase en El Quijote, especialmente nasúa segunda parte, en Cervantes  e o seu mecenas o VII Conde de Lemos.

O 30 de marzo de 1615 Cervantes obtiña a autorización para editar a segunda parte de El Quijote. A publicación en 1614 de El Quijote de Avellaneda, unha falsa continuación da súa novela, obrígao a rematar antes a súa segunda parte. Unha segunda parte que non desmerece en nada a primeira; nela o cabaleiro andante é máis ponderado e a súa tolemia semella máis un xogo. Don Quijote e o seu escudeiro Sancho Panza deixan as terras da Mancha e comezan a cabalgar polo val do Ebro ata chegar a terras de Cataluña. Cervantes reproduce a viaxe que lle levou a Barcelona perseguindo ao conde de Lemos, o seu mecenas, nun desesperado intento de que lle incluíse na súa corte de Nápoles, cara onde embarcaba para ser virrei.

Diego Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, nado en Monforte en 1576, foi o protector de Miguel de Cervantes, coñecido como o manco de Lepanto.

Cervantes dedícalle a segunda parte de El Quijote e escríbelle unha emotiva carta catro días antes de morrer.

O conde de lemos procuraba impulsar a cultura ao seu carón, tivo ao seu servizo, como secretario persoal a Lope de Vega, foi mecenas de Góngora  e soubo ver a  extraordinaria calidade literarias de Miguel de Cervantes.

Pero Pedro Fernández de Castro e Andrade (1576-1622), a parte de impulsor cultural e VII Conde de Lemos, foi IV Marqués de Sarria, V Conde de Vilalba,  Presidente do Consello das Indias, Virrei de Nápoles, Presidente do Consello Supremo de Italia, Alguacil Maior do Reino de Galicia, … e autor de poemas, comedias, obras de teatro e cartas de alto valor literario. As obras de maior transcendencia son as de carácter político fantástico en defensa do Reino de Galicia. É “El búho gallego haciendo corte con las demás aves de España” unha alegación  na defensa do Reino e o seu dereito ao voto nas Cortes.

As intrigas de palacio frustraron as súas aspiracións; cae en desgraza na Corte, retírase a Monforte e só regresará a Madrid en casos moi puntuais. Polo seu falecemento Lope de Vega dí “mucho ay que hablar que no es para papel”, aludindo a unha posíbel conspiración cortesá contra o Conde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario