lunes, 27 de abril de 2015

XA CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO



Como xa comentamos en entradas anteriores o 23 de abril celebramos o Día do Libro, en conmemoración do IV centenario da publicación da segunda parte de El Quijote.

Realizamos conxuntamente moitas actividades no centro, entre as que podemos destacar:
-          Ambientamos a entrada do centro coa representación dos tres personaxes máis representativos: Don Quixote, Sancho Panza e Dulcinea, vestidos cos traxes típicos daqueles tempos.
-          





-          Decoramos tamén cun muiño de vento, elemento significativo na obra, e con diferentes versións do Quixote dende unha completa ata varias versión adaptadas a distintos ciclos escolares.

  

-          A parte máis importante e creativa foi traballada intensa e entusiastamente polos nosos alumnos que se implicaron realizando: debuxos de escenas significativas da obra, creando marcadores de libros, recompilando refráns da obra, ...

                          

 



-          A lectura conxunta da obra representou un momento moi emotivo que se realizou nas clases e posteriormente no recreo, coa participación activa dos alumnos, fixemos un breve relato sobre a vida e obra do autor e lemos poesías adicadas aos personaxes máis importantes.

Grazas a todas estas actividades conseguimos achegarnos a esta gran obra da literatura española e fomentar a súa lectura entre os nosos alumnos e toda a comunidade educativa.