viernes, 23 de octubre de 2015

24 de outubro, DÍA DA BIBLIOTECA


Este curso para conmemorar o mes e o día da biblioteca, propuxémonos explorar o sistema empregado nas bibliotecas para clasificar e ordenar os fondos bibliográficos, coñecido como CDU (Clasificación Decimal Universal) e que consiste na ordenación do coñecemento a través de 10 díxitos (do 0 ao 9). Como dentro de cada grupo principal pode haber múltiples subgrupos convertese nun sistema de clasificación moi útil e flexible.

Comprobamos e iremos comprobando, in situ, como os materiais teñen a súa propia identificación e que os libros se ordenan nos andeis de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, segundo unha etiqueta denominada tejuelo, que figura no lombo do libro, onde se indica os díxitos da CDU, as tres primeiras letras do apelido do autor e as tres primeiras letras do título.

Previamente nas aulas traballamos a CDU e as súas cores:


Os máis pequenos centráronse nos dez grandes grupos dun xeito lúdico, visual e ecolóxico: os de infantil elaboran o tren da CDU con cartóns de leite, os de 1º dous acios de uvas con tapóns de botella e plastilina sobre unha táboa dunha caixa de froita e os de 2º dous fermosos acios con cintas  de cores.



 
Aquí tedes os fermosos resultados





Os máis maiores (3º, 4º, 5º e 6º) ademais de pintar a margarida da CDU, ocupáronse de coñecer tamén os pequenos subgrupos e entre todos están rematando un fermoso traballo que moi pronto vos presentaremos.