O venres 23 co conto de Juan sin Miedo comezamos a nosa particular semana do medo, Samaín e
Halloween
Como tódolos venres o 23 tamén houbo conto,
esta vez un grupo de alumnos de 2º de primaria contounos o conto de Juan sin
miedo, fermoso conto e estupenda lectura interpretativa coa que se iniciaba no
centro a semana do medo.
Os alumnos de infantil investigaron, leron contos, ambientaron
o patio interior cos seus traballos e fixeron pequenos obxectos (morcegos, fantasmas,
…) que moi ledos levaron para as súas casas.
En primaria tamén se traballou nas aulas estas celebracións; Samaín e Halloween, a través da pintura, música, lectura, escritura, traballos manuais e a cociña. Aquí tedes unha mostra dunhas larpeiradas caseiras elaboradas polos nosos alumnos nas súas casas.
Ademais de vistosas e graciosas estaban moi
saborosas. Riquísimas!!!
O mesmiño que as castañas que pola tarde todos
xuntos comemos.
Feliz Fin de Semana a todos!!!