martes, 3 de noviembre de 2015

Novembro, Mes da Ciencia


Este curso propoñémonos celebrar o mes da ciencia en galego na biblioteca escolar fomentando a investigación, a lectura e a experimentación.

No eido da investigación propoñemos centrarnos na figura de 3 grandes científicos monfortinos: o Doutor Antonio Casares Rodríguez, químico, médico e farmacéutico, o Doutor José Goyanes, cirurxián e humanista e o Doutor Máximo Teijeiro. Aquí tedes  algúns enlaces que vos poden axudar na vosa labor investigadora.
Doutor Antonio Casares Rodríguez Álbum da ciencia, quimica, educabarrie (unidade didáctica)
Doutor José Goyanes- biografías y vidas , Artículo especial e Álbum da ciencia
Doutor Máximo Teijeiro: Álbum da ciencia

Xunto a figura destes tres grandes doutores é preciso tamén facer mención aos novos científicos monfortinos entre os que destacamos  Hector Gómez -Galicia única
 
En canto a lectura de libros de divulgación científica parécenos moi interesante esta  selección, de aproximadamente 50 títulos, organizados por idades , elaborada pola Rede de Bibliotecas da Comunidade de Madrid, selección á que iremos incorporando libros de divulgación científica escritos en galego.


Por último para animarvos a experimentar coa ciencia, invitámosvos a participar na sección “Os mércores científicos” e amosar os vosos experimentos (individuais ou colectivos) durante o recreo.