sábado, 19 de diciembre de 2015

Nadal Compartido


Alumnos, familias a profes traballamos arreo durante o mes de decembro para conseguir levar a diante, entre todos, múltiples actividades.
 
 - mergullámonos  nas tradicións navideñas doutras culturas e países e así descubrimos que existen diferentes formas de realizar o Nadal.


- a zona de infantil agasallounos cunha decoración especial consistente en realizar en papel as siluetas dos Reis Magos.

- visitamos a residencia de anciáns que tan pretiño temos para desexarlles unhas felices festas e animalos co noso afecto e unhas panxoliñas.

- realizamos postais e diferentes adornos navideños para levar aos nosos fogares e compartilos coas nosas familias.


-a ANPA colaborou activamente preparando un concurso de postais navideñas que contou con un amplo número de participantes e unha gran calidade nas obras presentadas. Tras unha difícil deliberación o xurado deu a coñecer os premios ás mellores postais nas diferentes categorías, premios que foron entregados o derradeiro día de clase, ao remate do festival.
 
- tamén nesta xornada celebramos o clásico Festival de Nadal do centro no que participaron todos os ciclos cantando estupendamente diferentes panxoliñas.
- recibimos a visita das súas maxestades, os Reis Magos, que nos deixaron uns agasallos moi doces.

-finalmente e gracias á ilusión e traballo compartido de familias, alumnos, persoal non docente e  profesores,   conseguimos elaborar un precioso Belén con corchos de botellas que recibiu o 1º Premio no concurso local de beléns. Moitas gracias a todas as familias colaboradoras porque sen elas sería imposible realizar un Belén  desta categoría e acadar este premio
.
 
 
 
 
 
 
E como colofón a súa carta de presentación:
 
Nadal na capital da Ribeira Sacra
Este ano o noso particular Belén  realizado  con “corchos”    ambiéntase    en Monforte -capital da Ribeira Sacra-.
Dende o portal pódese contemplar, aló arriba, no  outeiro, o Pazo dos Condes e a Torre da Homenaxe (símbolo e lembranza da fortaleza dos Condes de Lemos) situados na antiga cidade  construída - tal vez -  sobre o castro Dactonio, onde  vivirían  os Lemavos, primeiros  habitantes  da comarca de Lemos.
Se nos achegamos  podemos ver: a gruta do Campo da Virxe, o Bosque dos Loureiros  e os novos barrios mercantís  que  a partires do S.XVI, impulsados pola comunidade xudía,  formáronse  no  val e que se ampliarían  e revitalizarían  a  finais  do S.XIX coa chegada do ferrocarril; feito que converteu esta vila no principal centro ferroviario de Galicia. Moi  posteriormente,  a construción  do  hospital comarcal daralle un novo impulso á vila.
Pero … á cidade do Cabe, un verde val regado por este río,  pequenos regatos  -como o Zapardiel-  e ás canalizadas augas, é preciso sumarlle as diferentes parroquias  da montaña e da  ribeira, nas que conviven  agricultores e gandeiros,  augardenteiros e viticultores; por iso, en honor a estes últimos o noso Belén, elaborado con “corchos” (moitos deles reciclados) ambiéntase  nun ribeirao e cálido inverno de 2015 que aos mesmos patos do Cabe levounos  a procrear nestas datas.
Ás  aforas de Monforte
nun primaveral inverno
este  ano nace o Neno
entre  bosques e viñedos
 
As  figuras modeladas
polas mans dos nosos nenos,
-esculturas  familiares,
orgullo  de  propios e alleos-,
 
son o punto de encontro
onde todos concorremos;
admiramos  asombrados
Vaia xenios  que temos!
 
Gocemos  agora  todos
do  que entre  todos  fixemos!
Bo Nadal!!!