O alumnado de 4º e 5º en novembro
iniciaron unha interesante investigación sobre científicos ilustres nados en
Monforte de Lemos.
Os elixidos foron: os
finados Doutor Casares, Doutor Goyanes e Doutor Teijeiro e os xoves
investigadores Hector Gómez e Eva Rajo. Esta última, Eva Rajo Iglesias visitaranos
o vindeiro luns 22 de Febreiro para explicarlles a súa experiencia, co que
pretendemos achegalos ao mundo da ciencia e motivalos no estudio e transmitirlles
que todos os sonos son posibles … se loitamos por acadalos.
Tentaremos engadir a esta inicial
investigación a bióloga Iria Rodríguez.
(Para ver o documento fai clic na imaxe)