Entre as once e as doce e media do mediodía, competiron
oitenta escolares dos centros educativos de Chantada (Eloisa Ribadulla e Xoan
de Requeixo), Taboada, Carballedo, Escairón e Monforte (Escolapios, A Gándara e
Colexio Novo), proclamándose campión o CEIP Eloísa Ribadulla de Chantada que
logrou vencer ao pentacampión CEIP Xoán de Requeixo, tamén de Chantada, namentres
a cuarta praza foi para o colexio de Carballedo
O noso equipo, Xadrezforte, integrado
por Javier, Alejandro, Esther, Nicolás, Lucía, Noé, Pablo, Daniel, Teresa,
Anier, Gael e Jorge proclamouse coa medalla de bronce. Un triunfo que se suma ao primeiro premio
acadado na competición autonómica de xadrez na que Xadrezforte se impuxo por
3,5-0,5 ao Lalín. Gañaron Anier e Jorge, mentres Gael fixo táboas.
Ao rematar o campionato procedeuse a entrega
de trofeos, acto no que estivo presente, entre outros, a concellala de Cultura,
Marina Doutón.
Moitas felicidades a todos os
participantes pola deportividade e o gran nivel que amosaron.