Este xoves 17 de
marzo o alumnado de 4º de primaria saíu realizar unha visita ecolóxico-cultural
por Monforte
A proximidade dos
lugares a visitar permitiunos ir andando, primeiro, tras recorrer varias rúas da vila
chegamos ao museo do ferrocarril. Un fermoso percorrido que nos permitiu saudar a amigos e coñecidos, ver a igrexa da estación, as dependencias co cuartel da garda civil, un paso a nivel sen varreras e ata varios niños de cegoñas xa moi cerca do museo.
chegamos ao museo do ferrocarril. Un fermoso percorrido que nos permitiu saudar a amigos e coñecidos, ver a igrexa da estación, as dependencias co cuartel da garda civil, un paso a nivel sen varreras e ata varios niños de cegoñas xa moi cerca do museo.
Xa no museo,
compartimos visita cun colexio de Taboada e un guía explicounos moi amablemente
as distintas partes do museo
A tres emblemáticas locomotoras do museo, de dereita a esquerda,
vapor, diesel e eléctrica.
|
Vista da entrada principal do Museo do Ferrocarril de Galicia, foto
tomada dende a estación de minitrenes de 5 polgadas.
|
Vista parcial da rotonda do museo coa ALCo 1812 na ponte transbordador xiratoria.
|
Así foi: entramos
na recepción onde puidemos ver diferentes maquetas e traballadores do
ferrocarril representado a tamaño real, facer fotografías e agardar no sofá
vendo unha revista turística.
Comezamos subíndonos
ao tren que trasladou a o Rei Xoán Carlos I de Estoril (Portugal) a Madrid cando
aínda era un neno e tras ver un vídeo subímonos ao tren que nos levaría ata a
ponte transbordador xiratoria (unha
gozada).
Logo vimos as distintas locomotoras: de vapor, diésel e eléctricas e
tamén un canón do exercito e outras moitas cousas que facían posible a
circulación dos trens por Galicia.
Xa para rematar
subímonos nun minitren onde o pasamos moi ben, todo sería perfecto se non fose
pola caída de Noa.
Deixamos o museo do ferrocarril e dirixímonos ao
parque de Rioseco para participar na plantación de árbores xunto con outros nenos dos
diferentes centros escolares de Monforte. Tras o saúdo de benvida e
agradecemento do noso alcalde cada centro plantou dúas árbores, nos plantamos
un bidueiro e un castiñeiro de indias.
Rematada a
plantación aproveitamos para xogar no parque e merendar ata que foi hora de
irnos,
Para volver viñemos por outra ruta para poder pasar pola pasarela que cruza
as liñas do ferrocarril, preciosas vistas!!