Un 8 de marzo de 1857, unha marcha
pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios da cidade de Nueva York
para protestar polas miserables condicións de traballo.
O 5 de maio de 1908, nesa mesma cidade
comezou unha nova folga das obreiras téxtiles, que reclamaban igualdade
salarial, diminución da xornada a 10 horas e que se permitira un tempo para a
lactación.
Un suceso que produciu unha grande conmoción
no mundo enteiro, e que tivo lugar no contexto de esa folga, sucedeu na “fábrica
Sirtwood cotton”, onde máis de 100 mulleres pereceron nun lume provocado polo
propio dono da fábrica como resposta á toma pacífica do local polas obreiras en
folga.
No ano 1977, as Nacións Unidas
declararon o 8 de marzo como “Día Internacional da muller traballadora”
A cor Lila, coa que se identifica este
día, débese a que ese era o ton da tela que as obreiras estaban confeccionando ese
día en que morreron.
O día da muller traballadora é una conmemoración
e non una celebración, un día no que as mulleres esixen ser tratadas co
respecto que se merece calquera ser humano.