1.– Saída do CIP
Monforte de Lemos
2.– Subida ata San Vicente, 1ª parada nas
escaleiras do Mosteiro Beneditino de San Vicente do Pino:
- explicación do guía , participación e
observación do alumnado.
- temas: mosteiro de San Vicente, torre da
Homenaxe, pazo dos condes, igrexa,… algunha lenda.
3.– Entrada pola
porta Nova e percorrido pola rúa Falagueira, unha das principais rúas da época
medieval :
- pequenas e estreitas casas con trabuleiros
(pequenos mostradores na venta da planta baixa).
- no medio desta rúa estivo a praza e a casa do concello, e moi preto
destas a sinagoga nunha finca privada.
- casa da familia Gaibor, a carón da porta
da Alcazaba, pertencente a unha
importante familia xudía.
4.– Baixamos pola
rúa Pescadeiras, pasamos a carón da torre de Santo Domingo e continuamos camiñando
a carón da muralla ata o antigo cárcere vello onde vimos os restos dunha das
portas da muralla e das torres do cárcere vello.
5.– Baixamos a
praza de España, antigamente dos Ferreiros e da Leña (porque máis arriba estaban os panadeiros)
6.– Demos volta e
subimos ata o cárcere vello, collendo a rúa da esquerda que nos levou ata a
Regoa; dende aquí xa emprendemos o camiño de regreso, observando e comentando
todo aquelo que nos chamaba a atención ou guía sinalaba.
Un percorrido
precioso e unha experiencia marabillosa, pasámolo moi ben e aprendemos moito.