Onte os alumnos de 1º e 2º fixeron a
tradicional ruta de sendeirismo polo beira do río Cabe, unha actividade
deportiva non competitiva organizada pola profesora de educación física, María,
e coa colaboración dos titores dos alumnos implicados.
O sendeirismo constitúe unha simbiose entre
deporte, cultura e medio ambiente; desenrola contidos para adquisición de
hábitos de actividade física para toda a vida e permite tratar parte das
ensinanzas mínimas da Educación física en primaria:: condicións físicas, calidades
motrices, relacións interpersoais (Competencia Social e Cidadán), coñecemento e
coidado do espazo onde se leva a cabo (Competencia Cultural e Artística)
En definitiva un poderoso instrumento educativo e un dos medios máis eficaces para o desenrolo integral do alumnado.
A todo isto hai que engadír que esta
actividade contribue a profundizar no noso proxecto de “Explorar Monforte” pola
súa tripe aportación:a nivel cognitivo, a nivel afectivo/social (colaboración, ríspeto,
socialización, integración) e a nivel motriz (valorando a hixiene e a saúde do
propio corpo)En definitiva un poderoso instrumento educativo e un dos medios máis eficaces para o desenrolo integral do alumnado.