Como tódolos venres, este venres tamén houbo
CONTO; aínda que nesta ocasión os
contacontos non foron membros da nosa comunidade educativa (familiares, alumnos,
persoal non docente e/ou profesores) senón un grupo de alumnos do CEE Infanta
Elena.
Moitas felicidades a estes supercontacontos, que
coa súa maxistral interpretación conseguiron manter a atención dun amplo número
de alumnos que voluntariamente acudiron escoitalos, quedaron
todo o recreo e incluso foi necesario amplialo.
Moitas grazas aos alumnos e as profesoras implicadas por participar neste
voluntariado de lecturas solidarias intercentros, unha experiencia moi gratificante
para todos.
Moitas felicidades aos alumnos de un e outro centro que nos
fixeron pasar un rato moi agradable coas súas solidarias lecturas e
interpretacións teatrais e musicais.
Moitas grazas tamén a
TODOS os lectores solidarios que durante o curso,
fixeron posible continuar con
esta actividade de ”Todos os venres… un conto”, ininterropidamente
durante catro anos.
MOITAS GRAZAS A TODOS!