Mostrando entradas con la etiqueta A min gustoume. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2015
miércoles, 12 de marzo de 2014
Mil cousas poden pasar
Os alumnos de 5º B, no seu blog "A prensa na mochila" fannos un comentario da súa última lectura , Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano. Libro co que desfrutaron moito e nos recomendan ler. ¡Moitos deles xa están desexando ler a 2ª parte!
Adxunto textualmente dito comentario:
Adxunto textualmente dito comentario:
"Como actividade para
o fomento da lectura, acabamos de ler na clase o libro Mil cousas poden
pasar (Premio Merlín), de Jacobo Fernández Serrano. Pasámolo moi ben
coas aventuras do Rei Pindo IV, cos seus fillos Leda e Mercurín. Tamén
con esas personaxes e situacións disparatadas que acontecen na cidade de
Nil donde todo é posible e a veces absurdo: Lina e Pouco, Hedión,
Propicio…
Trátase dunha novela coral para pequenos na que dous mundos distantes e contrapostos (“dentro do mar” e “fora do mar”) acaban en contacto por mor dunha fermosa, relucente, dourada e sonora TUBA.
A tuba que o pequeno Pouco quería facer sonar xunto a súa fermosa Lina, a tuba coa que soñaba Hedión, o sepultureiro, a tuba que Mercurín e Neda querían regalar ao seu pai, o rei Pindo IV o Tratable.
Pero hai moito máis, o río Inrique, que marcha de viaxe de estudios, o pequeno Propicio e o seu afán pola limpeza e a orde no camposanto, un porco que quere estudar, un can pastor que prefire ser cocho, un xoieiro que se fai pastor, … e por enriba de todo, un AMOR inmenso e indestructible que leva a Lina a buscar sen descanso para recuperar ao seu querido Pouco.
Descubrimos moitos valores nos seus protagonistas: a familia, a humildade, o tesón, diversidade,a responsabilidade e o amor. Tamén a desesperación e a impotencia,
Encántanos as ilustracións, cheas de cor e cuns rasgos peculiares nas que o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano amósanos unhas personaxes diferentes e moi orixinais.
E todo tan ben narrado e tan ben ilustrado que non é posible deixar de ler ata chegar ao final, un final abarrotado de preguntas sen resolver…
Pois xa sabedes Mil cousas poden pasar…… e unha delas é que JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, autor e ilustrador de libros como A gardería de Dona Bixermina, A pedra e as formigas,Mil cousas poden pasar I e II….. e de cómics como Los amigos de Archiboldo Roque …visite o noso COLEXIO. Esperámolo con moitas ganas, estamos entusiasmad@s coa súa próxima visita."

(Fonte: http://blogs.prensaescuela.es/onosorecanto/).

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)