Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Lectoras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Lectoras. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de mayo de 2016

Voluntariado lector intercentros: Contacontos do CEE Infanta Elena


Como tódolos venres, este venres tamén houbo CONTO; aínda que  nesta ocasión os contacontos non foron membros da nosa comunidade educativa (familiares, alumnos, persoal non docente e/ou profesores) senón un grupo de alumnos do CEE Infanta Elena.
Moitas felicidades a estes supercontacontos, que coa súa maxistral interpretación conseguiron manter a atención dun amplo número de alumnos que voluntariamente acudiron escoitalos, quedaron todo o recreo e incluso foi necesario amplialo.

Moitas grazas aos alumnos e as profesoras implicadas por participar neste voluntariado de lecturas solidarias intercentros, unha experiencia moi gratificante para todos.
Moitas felicidades aos alumnos de un e outro centro que nos fixeron pasar un rato moi agradable coas súas solidarias lecturas e interpretacións teatrais e musicais.
Moitas grazas tamén a TODOS os lectores solidarios que durante o curso,  fixeron posible continuar con esta actividade de ”Todos os venres… un conto”, ininterropidamente durante catro anos.



MOITAS GRAZAS A TODOS!



miércoles, 10 de junio de 2015

O Preguntón da Luz



Do 19 ao 26 de Maio realizamos O Preguntón, concurso no que participou practicamente o 100/100 do alumnado.



A entrega de premios fíxose en dous actos, por un lado o día 5 venres, coincidindo co día mundial do Medio ambiente, tivo lugar a entrega de premios do Preguntón aos alumnos de Primaria, e o luns día 8, entregáronse os de Infantil.
Grazas aos alumnos por participar e aos profesores por colaborar; sen a vosa axuda non sería posible!.
Moitas felicidades a os gañadores, pero sobre todo moitas felicidades a todos os participantes, porque non debemos esquecer co verdadeiro premio é traballar en equipo e aprender cousas novas.
Dende o equipo da biblioteca tentamos valorar ao máximo a vosa participación, primeiro cunha corrección xusta e da cordo coas bases e segundo elaborando con cariño e esforzo, os diplomas, as medallas e as tarxetas de participación, un símbolo de valoración e recoñecemento ao esforzo persoal e ao traballo en equipo.
Gustaríanos poder entregar aos gañadores uns agasallos mellores, pero lembrade que, dadas as nosas limitacións económicas, son un extra, e que o verdadeiro premio é que o voso esforzo e traballo en equipo tivo éxito. Parabéns!!!

martes, 14 de octubre de 2014

Un venres moi familiar

En consonancia co Plan de Lectura do Centro, Biblioforte, quere incentivar, apoiar e valorar o papel fundamental das familias no fomento da lectura e poren na mellora do rendemento académico dos seus fillos, pondo en marcha proxectos de animación a lectura na familia, nos que se prima o exemplo (“si ti les, eles len”) e a colaboración familia-escola.

 Dentro do plan de animación a lectura na familia dicir que este venres, día 10 de outubro, foi un venres moi familiar, pois comezaron a súa andaina dous coñecidos proxectos: as Mochilas Viaxeiras e “Ler en Familia” e a protagonista de “Os venres… un conto” foi unha nai.
 
Xunto a estes tres proxectos xa coñecidos e valorados lembrar as familias a existencia doutros dous proxectos: ALEA (Autopréstamo/Animación a Lectura Adulta) e ALIF (Animación a Lectura Infantil na Familia); dous proxectos que pretenden fomentar a lectura abrindo o servizo de préstamo as familias, os luns de 5 a 6 h., aproveitando a hora de pais.

 Cando todos sumamos, melloramos!

 

 
Adxunto:
 
Triptico Ler en Familia





1.    

miércoles, 12 de diciembre de 2012

O Apalpador


Como estamos preto do Nadal invítovos a coñecer e lembrar a mítica figura do Apalpador,  carboeiro que según a tradición baixa a noite do 24 ou 31 de decembro a apalpar as barrigiñas aos meniños deixándolles un montón de castañas.
Aquí tedes unhas breves cancións tradicionais, recollidas da wikipedia, e un LIM que forma parte dunha Procura do Tesouro sobre o Apalpador, da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

martes, 27 de noviembre de 2012

Comprensión Lectora

Actividades para mejorar la Comprensión y Velocidad Lectora



Comprensión Lectora - JueduLand