miércoles, 10 de junio de 2015

O Preguntón da Luz



Do 19 ao 26 de Maio realizamos O Preguntón, concurso no que participou practicamente o 100/100 do alumnado.



A entrega de premios fíxose en dous actos, por un lado o día 5 venres, coincidindo co día mundial do Medio ambiente, tivo lugar a entrega de premios do Preguntón aos alumnos de Primaria, e o luns día 8, entregáronse os de Infantil.
Grazas aos alumnos por participar e aos profesores por colaborar; sen a vosa axuda non sería posible!.
Moitas felicidades a os gañadores, pero sobre todo moitas felicidades a todos os participantes, porque non debemos esquecer co verdadeiro premio é traballar en equipo e aprender cousas novas.
Dende o equipo da biblioteca tentamos valorar ao máximo a vosa participación, primeiro cunha corrección xusta e da cordo coas bases e segundo elaborando con cariño e esforzo, os diplomas, as medallas e as tarxetas de participación, un símbolo de valoración e recoñecemento ao esforzo persoal e ao traballo en equipo.
Gustaríanos poder entregar aos gañadores uns agasallos mellores, pero lembrade que, dadas as nosas limitacións económicas, son un extra, e que o verdadeiro premio é que o voso esforzo e traballo en equipo tivo éxito. Parabéns!!!