Mostrando entradas con la etiqueta As nosas cousas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As nosas cousas. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de junio de 2016

Procura en Internet - Infografía


Aquí vos deixo esta infografía sobre a procura en internet, agardo que vos sexa útil.

jueves, 5 de mayo de 2016

Paseiño a beira do río Cabe



Onte os alumnos de 1º e 2º fixeron a tradicional ruta de sendeirismo polo beira do río Cabe, unha actividade deportiva non competitiva organizada pola profesora de educación física, María, e coa colaboración dos titores dos alumnos implicados.


O sendeirismo constitúe unha simbiose entre deporte, cultura e medio ambiente; desenrola contidos para adquisición de hábitos de actividade física para toda a vida e permite tratar parte das ensinanzas mínimas da Educación física en primaria:: condicións físicas, calidades motrices, relacións interpersoais (Competencia Social e Cidadán), coñecemento e coidado do espazo onde se leva a cabo (Competencia Cultural e Artística)
En definitiva un poderoso instrumento educativo e un dos medios máis eficaces para o desenrolo integral do alumnado.
A todo isto hai que engadír que esta actividade contribue a profundizar no  noso proxecto de “Explorar Monforte” pola súa tripe aportación:a nivel cognitivo, a nivel afectivo/social (colaboración, ríspeto, socialización, integración) e a nivel motriz (valorando a hixiene e a saúde do propio corpo)

martes, 26 de abril de 2016

Museo de Bicheiro no recibidor da entrada



Dende o venres o recibidor da entrada está ambientado con fermosos debuxos de bichos e pequenos bichiños elaborados en plastilina e outros materiais, todo feito polos nosos alumnos de infantil: 
QUE ARTISTAS!



 Tamén aproveitando estes días de sol onte os exploradores saímos ao patio e aquí tedes alguns dos moitos bichiños que atopamos.


 Que ben o pasamos! Que fermoso cole temos!

lunes, 22 de febrero de 2016

Eva Rajo visita Biblioforte - CEIP MONFORTE


Onte, luns 22 de febreiro, visitounos Eva Rajo Iglesias,  dentro do proxecto de investigación, “Explorando Monforte”,  promovido e coordinado pola biblioteca do centro.
Sentímonos impresionados pola sinxeleza, claridade e proximidade coa que unha científica de renome a nivel internacional nos falou da apaixonante  vida dunha muller científica, colaborando dunha forma totalmente altruísta na difusión e aproximación dos valores científicos e do acceso ao coñecemento a alumnos de primaria.
Comezou a súa exposición presentándose como unha nena de Monforte que a súa idade  estudaba no colexio Divina Pastora (hoxe Torre de Lemos) e logo  estudaría Bacharelato no Instituto (hoxe Río Cabe). Posteriormente decide estudar Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo porque “nese momento estaba de moda e lle gustaban moito as matemáticas”; rematada a licenciatura realizará o proxecto de fin de carreira en Toulouse, Francia, e posteriormente, durante 6 anos, o doutorado na  Universidade Carlos III de Madrid.  Dende febreiro de 2004 é profesora titular no departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones de la Universidad Carlos III (funcionaria dende 2008).

Tras unha breve exposición da súa formación académica (sempre vixente), continúa coa súa dobre faceta profesional: como docente (profesora de Universidade) e investigadora destacada.

Durante a charla puidemos comprobar como a súa actividade docente e investigadora está vinculada ao ámbito da Radiofrecuencia (Campos .Electromagnéticos, Antenas…). As súas liñas de investigación están relacionadas con antenas impresas, estruturas periódicas, superficies artificiais e metamateriaies, así como con optimización en electromagnetismo, en definitiva antenas máis lixeiras  e cada vez mellores para as novas aplicacións.

En todo momento tratou de incentivar nos oíntes a importancia de ser un estudante responsable e constante, a importancia do afán de superación, do traballo diario, dun espírito curioso e creativo, que busque, cos seus inventos ou aportacións, avanzar cientificamente e mellorar a vida diaria das persoas.
Impresionounos o seu traballo en colaboración con numerosos científicos de Europa e fora de Europa , os seus numerosos viaxes  polo mundo, a súa asistencia a conferencias de renome internacional, e a súa importante labor, en numerosas ocasións premiada, aínda que Eva moi modestamente non comentou pero que os nosos investigadores sí coñecen: mellores notas no Instituto, Matricula de honor no Proxecto fin de Carreira, Premio de excelencia en investigación BBVA, terceiro premio a nivel mundial na competición Bell Labs Prize –xunto coas súas compañeiras de equipo, as profesoras Matilde Sanchez Fernandez, Ana García Armada y Eva Rajo-Iglesias que presentaron o  proxecto "Unleash the Wireless Power of your Device: Blended Antenna HUBs for your nconstrained Mobile Cloud Experience", etc.  A todo isto hai que sumar, entre outras cousas, o seu importante papel como escritora en numerosas revistas científicas de renome mundial.

Entre as antenas realizadas ata o momento chamounos a atención unha antena deseñada para colocar na parte baixa dun avión e que permite verificar a profundidade da capa de xeo na Antártida, as antenas deseñadas para ser colocadas en pacientes con marcapasos que permiten ter un seguimento e reducir as intervencións cirúrxicas,  ou unha antena que se colocou dentro dun bloque de formigón sen que sobresaia nada ao exterior para poder circular por enriba. Pero sobre todo  os nosos alumnos estaban agardando ver a chamada chaqueta intelixente, unha chaqueta que leva incorporada un bo número de pequenas antenas e que multiplica por 10 a velocidade de subida de contidos de dispositivos móbiles. Permite que unha prenda onde se camuflan decenas de antenas, poda conectarse a calquera unidade móbil para aumentar a súa velocidade de transferencia de datos, reducir o consumo de enerxía e mellorar a súa fiabilidade. Ademais tamén podería ter aplicación no sector biomédico.



Unha vez rematada a exposición, tivo lugar unha fluída quenda de preguntas, que foi dende preguntas científicas a nivel xeral pero sobre todo especificas ao seu campo de investigación, dubidas por exemplo de si a chaqueta pode mollarse, e tamén preguntas referentes ao eido persoal idade, idiomas que fala, …  e a remuneración económica dun científico.



Dende o centro en xeral e, moi especialmente, dende o equipo de biblioteca e dos titores que traballaron co seu alumnado neste proxecto de investigación  sobre os científicos de Monforte, queremos agradecer a Eva Rajo Iglesias o esforzo de visitar o noso centro e a nosa biblioteca, pois coa súa presenza e testemuña altruísta e científica  fixo que fose para todos un gran día e moi especialmente para o grupo que investigou sobre ela e que non quixeron irse sen o seu autógrafo.


Grazas Eva!!

domingo, 28 de abril de 2013

CONTOS DISPARATADOS

Os alumnos de Infantil e Primeiro Ciclo escribiron e narraron uns fermosos contos disparatados que iremos subindo pouco a pouco nesta entrada. Agardamos que vos gusten







miércoles, 27 de marzo de 2013

ANO SANTO COMPOSTELÁ

(Presentación con avance manual, debes empregar o rato)
View more presentations or Upload your own.

GLOSARIO: VALORES PARA A PAZ

Para conseguir a paz e para que esta sexa duradeira é preciso sumar valores -tolerancia,diálogo, respeto, xenerosidade...- e restar (votar ao lixo) antivalores tales como: odio, rancor, insulto, intolerancia, inxustiza, egoismo, discriminación, violencia, racismo... e falta de compañerismo.


jueves, 7 de febrero de 2013

O carnaval tradicional na zona sur de Lugo


Para que durante o Carnaval ademáis de pasalo moi ben e descansar  vos convertades en observadores, investigadores e bibliocolaboradores invitámosvos a realizar este BiblioPreguntón, inspirado -copiado en parte- na caza do tesouro atopada no  recanto de MIK, e que vos axudará a coñecer e valorar un pouco máis do carnaval da voso entorno. 
A información podédela atopar na observación directa dos carnavais desta zona sur de Lugo, nos xornais, na televisión, nos vosos familiares e veciños e nos enlaces web que  máis abaixo aparecen así como no pequeno resumo que elaboreí sobre o carnaval tradicional desta zona.
Agardamos a vosa participación. Ánimo!!!



 

ENLACES WEB:
  • Enlaces Web sobre o carnaval da Zona Sur de Lugo


O OSO DE SALCEDO

ENTROIDO RIBEIRADO



 O CARNAVAL TRADICIONAL DA ZONA SUR DE LUGO

A continuación tedes un
 pequeno resumo textual e fotográfico sobre o 
Carnaval tradicional na Zona Sur de Lugo



Carnaval, que é?: período de tres días que procede á coresma, máis popularmente coñecido como entroido / antroido. Nalgunhas zonas de Galicia este período é superior a tres días.

Por que Carnaval / Entroido?: a palabra carnaval procede do latín CARNE LEVARE  (= levar a carne, quitar a carne), facendo alusión a que despois do martes de carnaval, ao comezar a coresma, non se podía comer carne. A palabra entroido ou antroido ten unha etimoloxía similar, pois proven do latín INTROITU (=entrada) indicando o período que precede o comezo da coresma.

O Carnaval tradicional na zona Sur de Lugo:

·        O Oso de Salcedo: varias semanas antes do entroido os veciños de Salcedo “tizánlle” a lareira para conseguir o feluxe (charrizo, sarrio) que mezclado con auga converterase na poción secreta (líquido denso e negro) coa que o Oso o luns e o martes de carnaval tisnará (chisnar, enlarafuzar, manchar) a cara e o corpo dos seus prisioneiros. Este Oso ten varios axudantes coñecidos como Criados que son os encargados levar o caldeiro coa pócima secreta e de coller entre o público xente (prisioneiros) e levarlla ao Oso para que a tisne ben deixando a súa especial pegada de carnaval.

·        O Entroido Ribeirao:  un mes antes, máis ou menos, do domingo Lambedoiro os amigos do Entroido Ribeirao percorren as parroquias limítrofes en busca das campaíñas que durante o ano as vacas levan colgadas no pescozo e colócanas no cinto co que durante o entroido os volantes amenizaran as festas  e as aldeas limítrofes; pois durante o entroido  volantes e maragatos van pedindo viño polas portas para invitar a beber aos que acuden ao campo da festa os catro días de carnaval (tres domingos: Lambedoiro, Corredoito e Entroido e o Martes de Carnaval) e vender o sobrante para sufragar os gastos do carnaval (pagar aos músicos –normalmente gaiteiros-, arranxar as campaíñas que rompía, mercar cintas de cores para o pucho, etc.). No campo da festa os volantes son os encargados de introducir e presentar os distintos Oficios (pequenas representacións a modo de teatro mudo, con xestos, acenos ou ruidos bucais realizadas polos mecos baixo a protección e supervisión dos maragatos ou peliqueiros) e por unha particular nota de son, danza e colorido,  sempre acompañados polos maragatos ou peliqueiros -coas suas chocas- encargados de protexer o pucho e a representación dos oficios,  facer trasnadas, coller entre o público aos “figurantes", figura imprescindible para a realización dos oficios e que case sempre acaban enlarafuzados.







viernes, 25 de enero de 2013

CIRCUITOS ELECTRICOS

CIRCUITOS ELÉCTRICOS - 6º A e 6ºB
on PhotoPeach
A vindeira  semana temos na Biblioteca o posibilidade de disfrutar dunha fermosa exposición de CIRCUITOS ELÉCTRICOS realizados polos alumnos de 6º. Organizaránse visitas guiadas para que os seus creadores podan expricarnos o funcionamento e o proceso de elaboración.

 

Ata pronto!.
                   Vémonos na Biblioteca!

sábado, 1 de diciembre de 2012

Xa saíron as Mochilas Viaxeiras


Como en anos anteriores unha vez mais as Mochilas  Viaxeiras  inician a súa viaxe con moitas gañas de facérvolo pasar moi, pero que moi ben. 
Pasiño a pasiño iran percorredo semanalmente as vosas casas co obxectivo de animar a ler en familia
Nelas atoparedes unha mestura de documentos, que agardamos que vos gusten, e o Caderno de anotacións, para que enchades coas vosas ideas, traballos, distintas formas de expresión... que xurdan ao redor dos documentos que levades. Tamén agradecemos que nos achegedes as vosas suxestións para entre todos mellorar esta actividade.