Etiquetas
- Actividades Lectoras
- As nosas cousas
- Dias Especiais
- Noticias Breves
- Poema-Semanal
- PuntosdeInteres
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias Breves. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias Breves. Mostrar todas las entradas
martes, 21 de junio de 2016
sábado, 18 de junio de 2016
Sheila Díaz, Poemas
Síntome moi feliz publicando estes fermosos
poemas da nosa alumna, Sheila Díaz Rodríguez,
QUE GRAN POETA!!!
A Primavera
Despois da noite chega o día,
e tralo inverno, a primavera con alegría:
as andoriñas voan na eira,
sáenlle flores á ameixeira,
a bolboreta ó ourizo esperta,
o aire arrecende e o sol xa quenta.
O Verán
As ramas das árbores están adornadas
con froitas apetitosas e coloradas.
Á mañá cedo os animaliños
saen dos tobos cos seus filliños.
O día e moito máis caluroso,
chegou por fin o verán fermoso!
O Outono
A árbore sen follas vai quedando
e as uvas vanse vendimando.
Cheíña de figos está a eira
e o labrego recolle a súa colleita.
Os nenos van á escola cos libriños:
aquí está o outono, meus amiguiños!
O Inverno
A neve branca cae sen parar
sobre a casa, as árbores e o chan.
Fumegan chemineas
e péchanse as portas,
e os nenos esvaran polas costas.
O moneco de neve,
tan terno, anuncia que chegou o inverno.
martes, 7 de junio de 2016
Noelia Sánchez, deportista de elite
Este martes, 7 de xuño, visitounos Noelia Sánchez, xogadora de voleibol excapitana de A Pinguela.
Esta deportista monfortina que se iniciou no
voleibol de “rebote”, tras 8 anos (dende os 16 anos) xogando na Superliga e 130 partidos oficiais
coa selección española e unha mostra de que con esforzo e ilusión todo é
posible.
A excapitana de A Pinguela, suma dous campionatos
de Superliga, catro copas da Raiña e tres supercopas. A pasada campaña
conquistou co seu equipo un triplete histórico. Ademais, esta temporada
competiu con Naturhouse Ciudad de Logroño en Europa, certificando unha máis que
aceptable primeira fase.
Ademais da súa importancia a nivel deportivo,
amplamente recoñecida, queremos destacar a súa faceta humana, pois dun xeito
totalmente altruísta veunos falar da súa experiencia como deportista, da importancia
da alimentación, o deporte, o esforzo, etc.
incluso xogou coas alumnas de voleibol do centro e para rematar doou
unha camiseta que se sorteou entre os alumnos e que Gabriela tivo a sorte de
recibir.
Aquí posa con Gabriela, alumna agraciada coa súa camiseta e con
Rubén López,
futbolista alevín do Calasancio que se estreou
o pasado 13 de maio coa selección galega sub-12 en Murcia na fase final do
campionato de España.
Moitas grazas Noelia!
sábado, 19 de marzo de 2016
Campionato comarcal de xadrez escolar
Onte venres, 18 de marzo, o noso colexio
acolleu o campionato comarcal escolar de xadrez entre diversos centros educativos da zona sur
de Lugo.
Entre as once e as doce e media do mediodía, competiron
oitenta escolares dos centros educativos de Chantada (Eloisa Ribadulla e Xoan
de Requeixo), Taboada, Carballedo, Escairón e Monforte (Escolapios, A Gándara e
Colexio Novo), proclamándose campión o CEIP Eloísa Ribadulla de Chantada que
logrou vencer ao pentacampión CEIP Xoán de Requeixo, tamén de Chantada, namentres
a cuarta praza foi para o colexio de Carballedo
O noso equipo, Xadrezforte, integrado
por Javier, Alejandro, Esther, Nicolás, Lucía, Noé, Pablo, Daniel, Teresa,
Anier, Gael e Jorge proclamouse coa medalla de bronce. Un triunfo que se suma ao primeiro premio
acadado na competición autonómica de xadrez na que Xadrezforte se impuxo por
3,5-0,5 ao Lalín. Gañaron Anier e Jorge, mentres Gael fixo táboas.
Ao rematar o campionato procedeuse a entrega
de trofeos, acto no que estivo presente, entre outros, a concellala de Cultura,
Marina Doutón.
Moitas felicidades a todos os
participantes pola deportividade e o gran nivel que amosaron.
viernes, 27 de noviembre de 2015
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Baixo o lema: "o traballo non ten xénero", conmemoramos a data do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
jueves, 15 de octubre de 2015
Mural de Outono
Xa chegou o outono ao CEIP de Monforte.
O alumnado de 3 anos de infantil, tras unha excursión polo patio do
colexio, na que descubriu, observando as
follas, a existencia de diferentes árbores, o colorido típico das follas en
outono e a existencia de árbores aos que non lle caen as follas; realizou
coas follas recollidas un fermoso ourizo.
Excelente
traballo!!!
viernes, 2 de octubre de 2015
Mochilas Viaxeiras 15-16
Onte, a primeira hora, foi a entrega das mochilas
viaxeiras
Todos os nenos estaban agardando a súa chegada
e foron recibidas con moita ilusión,
ansiosos por descubrir o DVD e as lecturas en galego, castelán e inglés da súa mochila e poder ler e ver, en familia, no caderno de bitácora os comentarios e ilustracións de todos os compañeiros.
ansiosos por descubrir o DVD e as lecturas en galego, castelán e inglés da súa mochila e poder ler e ver, en familia, no caderno de bitácora os comentarios e ilustracións de todos os compañeiros.
Este ano engadimos ao tradicional marcador de presentación da
actividade, información referente ao fomento da lectura
(os dereitos do lector de Daniel Pennac
traducidos ao galego, os decálogos para pais e nenos do Ministerio de Cultura, …)
sábado, 25 de julio de 2015
O falar do pobo, un libro de todos
Coincidindo co Día da Patria Galega sae a luz o noso primeiro libro resultado da colaboración cidadá: O falar do pobo, un libro de todos.
Agradecemos ao pobo de Monforte que soubo conservar e compartir con nos a súa literatura popular.
Poñemos a disposición de todos esta recompilación de ditos, refráns, adiviñas, poemas… de Monforte en Biblioforte dixital: http://www.bibliofortedixital.ceipmonforte.es/
Agradecemos ao pobo de Monforte que soubo conservar e compartir con nos a súa literatura popular.
Poñemos a disposición de todos esta recompilación de ditos, refráns, adiviñas, poemas… de Monforte en Biblioforte dixital: http://www.bibliofortedixital.ceipmonforte.es/
Esta experiencia de colaboración cidadá foi tan gratificante para nós que consideramos a posibilidade dunha segunda parte, na que recoller todas as novas aportacións que se queiran facer directamente no noso centro ou a través do correo electrónico: ceip.monforte@edu.xunta.es e/ou biblioforte@ceipmonforte.es .
Boa lectura!
sábado, 28 de marzo de 2015
La Hora del Planeta
Lembrade que hoxe, 28 de marzo, de 20:30 a
21:30 é a hora de apagar voluntariamente a luz e outros aparatos eléctricos a favor do medio ambiente e en contra do
cambio climático.
A continuación tedes un vídeo que só se pode ver coa luz
apagada e a famosa canción “”apaga la luz, enciende el planeta!
"Apaga la luz abre tus ojos"viernes, 27 de marzo de 2015
Leydi Aldana, Os venres un conto.
Hoxe, venres, 27 de marzo, no recreo, voltou ao noso centro unha ex - alumna moi especial para nós.
Leydi Aldana é invidente, pero iso non lle impide desenvolver as mesmas aprendizaxes, ter as mesmas alegrías e as mesmas ilusións que o resto do mundo.
É un exemplo de loita, de superación, de ledicia, que transmete a cada momento en cada un dos seus actos. Contonunos a fábula do lobo e a cegoña e unha historia de Peppa (en infantil) e respostou todas as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron, encantada de estar novamente eiquí.
Grazas Leydi¡¡
Leydi Aldana é invidente, pero iso non lle impide desenvolver as mesmas aprendizaxes, ter as mesmas alegrías e as mesmas ilusións que o resto do mundo.
É un exemplo de loita, de superación, de ledicia, que transmete a cada momento en cada un dos seus actos. Contonunos a fábula do lobo e a cegoña e unha historia de Peppa (en infantil) e respostou todas as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron, encantada de estar novamente eiquí.
Grazas Leydi¡¡
María Castaña
Como lembrades o curso pasado estudamos a figura de Inés de Castro e este curso centrarémonos na figura de María Castaña.
Aquí tedes uns enlaces para coñecer un pouco máis desta famosa muller da nosa comarca.
-A verdadeira historia de María Castaña
-Albúm de mulleres galegas
-Lucenses ilustres
-María Castaña, heroína galega do S.XIV
-Quién era maría Castaña
Aquí tedes uns enlaces para coñecer un pouco máis desta famosa muller da nosa comarca.
-A verdadeira historia de María Castaña
-Albúm de mulleres galegas
-Lucenses ilustres
-María Castaña, heroína galega do S.XIV
-Quién era maría Castaña
martes, 18 de febrero de 2014
Díaz Castro
O 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé
María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Con esta reportaxe emitida no programa "Desde Galicia para o Mundo" sobre Díaz Castro empezamos a nosa particular homenaxe ao citado poeta o día en que se cumpren 100 anos do seu nacemento.
En segundo lugar parécenos moi interesante a información recollida na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o traballo realizado dende a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz , onde podedes atopar xogos sobre poesías, cancións, etc.
Concurso-Exposición: Fotos de ríos, mares e regatos
Estamos moi contentos porque nos están chegando moitas fotos para participar no concurso-esposición fotográfico.
Aínda que nos faltan moitas por colocar, aquí vai unha imaxe, para amosar como está quedando a exposición e para agradecer a vosa participación.
Grazas a todos!
Aínda que nos faltan moitas por colocar, aquí vai unha imaxe, para amosar como está quedando a exposición e para agradecer a vosa participación.
Grazas a todos!
Exposición de circuitos
Dende a pasada semana, na biblioteca, podemos disfrutar da exposición de circuítos eléctricos realizada polos alumnos de 6º, na que nos amosan as súas dotes creativas e a posta en práctica do aprendido na clase.
Para a todos aqueles que aínda non a visitaron, recordar que poderán facelo ata o xoves día 20.
Para a todos aqueles que aínda non a visitaron, recordar que poderán facelo ata o xoves día 20.
viernes, 23 de noviembre de 2012
miércoles, 14 de noviembre de 2012
OS FANTASTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS
Presentámosvos este fermoso corto, OS FANTASTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS, vencedor do Oscar 2012 a mellor curta-metraxe.
Trátase dun corto no que se amosa a influencia que teñen as historias sobre a xente e o poder curativo das mesmas. Inspirado a partes iguais no furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz e o amor polos libros; é unha carta de amor aos libros.
Agardamos que vos guste.
Trátase dun corto no que se amosa a influencia que teñen as historias sobre a xente e o poder curativo das mesmas. Inspirado a partes iguais no furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz e o amor polos libros; é unha carta de amor aos libros.
Agardamos que vos guste.
jueves, 25 de octubre de 2012
Nobel de Literatura 2012
O premio Nobel de Literatura neste ano 2012 foi outorgado ao escritor chino Guan Moye coñecido como MO YAN, que significa Non fales. Escritor de orixe labrego, nace na provicia de Shandong, ao noreste de China, no ano 1955, aos 12 anos ten que deixar a escola e aos vinte alistouse no Exército Popular de Liberación e empeza a escribir. Nos seus escritos manifesta unha visión máxica e realista de China e é un dos autores mais lidos e respetados no seu país.
"Sorgo Rojo" é unha das súas obras máis coñecidas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)























