Mostrando entradas con la etiqueta Dias Especiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dias Especiais. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de mayo de 2016

Lembrando a Manuel María na semana das Letras Galegas

Ademais das moitas actividades realizadas con anterioridade á semana das letras galegas, durante esta semana realizáronse numerosas actividades de lectura e recitado de diferetes obras de Manuel María, actividades plásticas, cantáronse cancións, etc.
A biblioteca organizou un karaoke que tivo lugar no recreo do día 16, contou coa participación dun numeroso número de alumnos e profesores.
Unha experiencia a repetir!

Tamén desde a biblioteca recompiláronse todos os poemas de Manuel María dedicados a Monforte e expuxémolos nunha particular torre da homenaxe situada á entrada da biblioteca.
 Posteriormente o mércores, no patio, o grupo de danza galega amenizou cos seus bailes esta semana das letras galegas, xornada festiva na que participaron tamén o grupo de zumba e o de aprender a xogar.

 Pasamolo estupendamente!.
O xoves, tocoulle o turno ao grupo de teatro, que puxo en escena a súa obra, "Os soños do Poeta"
Sinopse: da imaxinación da escultora nace a estatua de pedra... animada, que irá lembrando os seus poemas mentres diversas personaxes van pasando pola escena.
 Rematamos o venres cun conto contado por Cesar avó de  Javier que nos transmitiu a gran sabedoría dos avós.

domingo, 15 de mayo de 2016

CANTANDO A MANUEL MARÍA

Aquí tedes un poemas de Manuel María musicados. Agardo que vos gusten.

O SOL
 
O ARCO DA VELLA
 
A LUA
 
O GRILO

O MEU BURRIÑO

CARACOL
 
A VACA
 
O CUCO
 
SEÑOR GATO
 
O MEU BARCO
A RODA RODA

GALICIA
O Aradiño (Clic)

sábado, 14 de mayo de 2016

Lembrando a Manuel María



Un ano máis, como todos los anos, en maio o noso centro durante o mes de maio programa diferentes actividades encamiñadas a homenaxear ao escritor ao que se dedica o día das letras galegas. Este ano por ser o homenaxeado alguén moi vinculado a Monforte a nosa particular homenaxe transcendeu o mes de maio como ben sabedes:
  •  Murais recompilatorios da vida e obra de Manuel María, realizados nas titorías baixo a coordinación do Departamento de Normalización Lingüística.
  • Reportaxe informativa: “Manuel María en Monforte”, realizada polos alumnos de 5º e a súa  titora.
  •    Poema de Nadal musicado, cantado polos alumnos de 5º.
  • Etc.
En breve iremos subindo as actividades que se estan a realizar neste mes e especialmente nesta semana das letras galegas.
Entre tanto aquí tedes este rap sobre Manuel María


viernes, 29 de abril de 2016

Exposición libros de escritores nados en Monforte de Lemos

Como colofón as actividades realizadas no mes do libro fixemos  unha exposición con libros de escritores nados en Monforte de Lemos, unha actividade enmarcada tamén dentro do proxecto “Explorando Monforte”.


A maioría dos libros expostos son para un público adulto, polo que máis que invitar a lectura o que pretendemos e fomentar o gusto pola escritura a través do exemplo de persoas do seu entorno próximo.


Grazas a todas as persoas que fixeron posible todas estas actividades para conmemorar o mes do libro e a todo o alumnado que coa súa participación ilusionada anímanos a seguir esforzándonos en programar máis actividades deste tipo.

miércoles, 27 de abril de 2016

Teatro: La ratita presumida


Hoxe un grupo de alumnos do centro coordinados polas profesoras María José (orientadora) e Raquel (PT), prepararon con moita ilusión a representación teatral de ”A Ratiña Presumida”. Ocupáronse do decorado, da vestimenta,  dos complementos, de estudar moi ben o seu papel e coidar a interpretación, sen cansarse de asistir aos diferentes ensaios para ir mellorando día a día e para que a representación sexa un éxito.


 Valoramos moi positivamente a realización de obras teatrais, dado que é unha actividade que fomenta a comunicación, a expresión oral, o traballo de grupo, a solidaridade e cooperación, fomenta a autoestima, etc.
A representación foi todo un éxito tanto polo ben que os actores fixeron o seu papel senon tamén polo numeroso público asistente, moitos familiares quixeron ver esta actuación.


Moitas grazas a estes alumnos por facernos desfrutar de tan fermosa posta en escea.




Mañá desprazaranse ao C.E.E. Infanta Elena de Monforte, onde repetirán esta representación ao alumando deste centro, actuación enmarcada nunha actividade de coordinación intercentros da zona. O vindeiro venres, día 6, serán alumnos dese centro os protagonistas do noso conto do venres. Animo e a gozar desta fermosa experiencia!

CONTACONTOS, MARÍA DA PONTRAGHA


A través do Consorcio Editorial Galego, este mercores tivemos o pracer de gozar da actuación da música e contacontos galega María da Pontragha, unha educadora que nas súas actuacións mestura estupendamente oralidade, música e literatura.


As súas historias cheas de humor e musicalidade, rescatadas da tradición oral pero tamén da cotianidade que nos rodea mantiveron a atención entusiasmada e a activa participación dos nenos nas dúas sesións que realizou: unha para infantil e outra para o 1º ciclo.
preparándonos para cantar  "eo vento fa, fa, fa..."
Moitas grazas por compartir cos nenos os teus contos e historias María.

martes, 26 de abril de 2016

Lecturas á sombra

Hoxe no parque de infantil, durante o recreo, un grupo de lectoras solidarias (alumnas de 5º) acompañaron aos nenos de infantil no seu primeiro día de lectura a sombra.

 Foi unha experiencia moi fermosa, como gozamos da lectura por independiente ou en compañía,
 Pouco a pouco o número de lectores aumentaba, os voluntarios estaban rodeados de nenos que agardaban que lles leran un libro.

  Que marabilla!!!
 
Temos que repetir esta fermosa experiencia.

lunes, 25 de abril de 2016

Contacontos Iago López


Hoxe, 25 de abril, o alumnado de infantil e de 1º e 2º gozaron dunha divertida sesión de contacontos a cargo de Iago López (por xentileza da Editorial Xerais
dentro das actividades programadas para celebrar o mes do libro.


En dúas sesión, unha para infantil e outra para primaria, Iago contou a historia dun lobiño moi riquiño que pertencía a unha afamada familia de lobos feroces.


Os nenos estiveron moi atentos a esta divertida historia e ata participaron nela: o lobiño bo e a carapuchiña vermella amosaron ter excelentes dotes de actores.

Pasámolo estupendamente e agardamos que axiña nos visite outra vez, este xenial contacontos que xa nos visitou noutras ocasións e co que sempre pasamos un rato moi agradable.

sábado, 23 de abril de 2016

Visítanos Manuel Veiga Taboada



O venres 22, pola tarde, visitounos Manuel Veiga Taboada, natural de Monforte de Lemos (1960), fillo de mestres, escritor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e  autor do libro “Manuel María, vida versos e rebeldia“, libro que traballaron nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º.


Manuel falounos da súa relación con Manuel María. Lembrou a importante labor de Manuel María e a súa librería en Monforte de Lemos na difusión e o amor pola lingua galega,. Tamén lembrou con agarimo cando acompañaba a Manuel Maria nas multiples visitas que este realizou polos centros escolares de Galicia, da importancia que lle daba a estas visitas e do moito  que gozaba recitando poemas e falando da súa  obra entre os rapaces galegos.


Logo recitounos numerosos poemas e quedou sorprendido e contento cando en varias ocasións, pequenos grupos de alumnos ou alumnos de xeito individual, ofrecianse voluntarios para recitar poemas de Manuel María , algúns ata memorizados.


Contestou amablemente a todas as súas preguntas, apesares de, por cambios de última hora, ser unha audiencia moi numerosa.


Moitas grazas Manuel, pola túa colaboración altruísta !


Grazas porque coa túa presenza avanzamos un pasiño mais  no afán por difundir  e incentivar ao ríspeto e valoración do propio, nesta  ocasión, a cultura literaria de Monforte.



Encontro con Erica Esmoris





O venres 22 pola mañá visitounos Érica Esmoris, autora do libro “Nena e o mar”, Premio Merlin 2015, un dos libros lidos polos nosos alumnos de 5º e 6º.

 Falounos un pouco da súa vida, das súas afeccións: o mar, os animais, a lectura e a escritura; das súas ocupacións e de cómo aparcou a súa profesión de veterinaria pola literatura. Tamén nos explicou, dun xeito moi didáctico e ameno, cal era o proceso que seguía para escribir os seus libros

e como nacera e se fora fraguando “Nena e o mar”, as personaxes, a banda sonara… e para rematar contestou a todas as preguntas que fixeron os rapaces e asinou os numerosos libros que lle presentaron.



Día do libro





Hoxe 23 de abril de 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e Shakespeare.

 Dende a biblioteca queremos lembrar o IV centenario de Cervantes, considerado como o máis grande escritor español de todos os tempos e o creador da novela moderna. Cando no século XVII Miguel de Cervantes Saavedra escribiu “Don Quijote de la Mancha”, o libro máis editado e traducido da historia despois da Biblia, senta as bases do que logo sería o xénero con máis éxito da literatura, a novela.


Como sabedes o VII Conde de Lemos , protector dos máis importantes literatos do momento, ten un papel primordial  na creación literaria de Miguel de Cervantes pois foi o seu mecenas.


 
Pero este ano para celebrar o día do libro optamos por mesturar lembranza e actualidade, por iso onte venres xunto a diferentes actividades para  lembrar a Cervantes e o VII Conde de Lemos nas aulas, na biblioteca tiveron lugar dous actos cos que abrimos as conmemoración do mes do libro: pola mañá visitounos Érica Esmoris e pola tarde Manuel Veiga Taboada.




 


O noso agradecemento a estes dous escritores que co seu bo facer son a mellor maneira de fomentar a lectura e a escritura.


viernes, 1 de abril de 2016

2 de abril Dia Mundial do Autismo


Cada ano, o 2 abril, o movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastornos e promover a inclusión social social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)

Co este motivo recollemos o testigo que portaba un alumno doutro centro, para promover a concienciación sobre o autismo entre os nosos alumnos.




martes, 29 de marzo de 2016

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Como saberedes, o 2 de abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.


Animamos a celebrar este día coas propostas que nos fai GÁLIX Asociación Galega do Libro Infantil  e Xuvenil :

martes, 22 de marzo de 2016

Día da poesía con Manuel María

O alumnado de primaria recitou nas aulas os poemas da Guía lírica de Manuel María na semana previa ao día da poesía. ...................

martes, 8 de marzo de 2016

Día da Muller Traballadora (8 de marzo)



Un 8 de marzo de 1857, unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios da cidade de Nueva York para protestar polas miserables condicións de traballo.
O 5 de maio de 1908, nesa mesma cidade comezou unha nova folga das obreiras téxtiles, que reclamaban igualdade salarial, diminución da xornada a 10 horas e que se permitira un tempo para a lactación.
Un suceso que produciu unha grande conmoción no mundo enteiro, e que tivo lugar no contexto de esa folga, sucedeu na “fábrica Sirtwood cotton”, onde máis de 100 mulleres pereceron nun lume provocado polo propio dono da fábrica como resposta á toma pacífica do local polas obreiras en folga.
No ano 1977, as Nacións Unidas declararon o 8 de marzo como “Día Internacional da muller traballadora”
A cor Lila, coa que se identifica este día, débese a que ese era o ton da tela que as obreiras estaban confeccionando ese día en que morreron.
O día da muller traballadora é una conmemoración e non una celebración, un día no que as mulleres esixen ser tratadas co respecto que se merece calquera ser humano.



sábado, 27 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Un ano máis celebramos o día de Rosalía de Castro investigando, pintando e recitando poemas de Rosalía nas aulas ao que engadimos unha actividade audiovisual na biblioteca durante o recreo centrada en tres poemas musicados de Rosalía: Airiños airiños aires, Adios rios adios fontes e Un repoludo gaiteiro.

Comezamos por escoitar Airiños, airiños aires, logo continuamos cantando Adiós ríos adiós fontes e rematamos cantando e bailando Un repoludo gaiteiro.


 
Unha homenaxe moi lúdica con moita participación e que nos encantou a todos.

Bagoa que as fotos saísen tan escuras.

 


Moitas grazas a todos os que coa súa participación fixeron posible este orixinal homenaxe e en especial ao grupo de nenas e nenos que se nos deleitaron coas súas dotes de baile.
Grazas a todos!!!
Aquí tedes os poemas musicados por si queredes volver escoitalos, cantalos e/ou bailalos.


lunes, 22 de febrero de 2016

Eva Rajo visita Biblioforte - CEIP MONFORTE


Onte, luns 22 de febreiro, visitounos Eva Rajo Iglesias,  dentro do proxecto de investigación, “Explorando Monforte”,  promovido e coordinado pola biblioteca do centro.
Sentímonos impresionados pola sinxeleza, claridade e proximidade coa que unha científica de renome a nivel internacional nos falou da apaixonante  vida dunha muller científica, colaborando dunha forma totalmente altruísta na difusión e aproximación dos valores científicos e do acceso ao coñecemento a alumnos de primaria.
Comezou a súa exposición presentándose como unha nena de Monforte que a súa idade  estudaba no colexio Divina Pastora (hoxe Torre de Lemos) e logo  estudaría Bacharelato no Instituto (hoxe Río Cabe). Posteriormente decide estudar Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo porque “nese momento estaba de moda e lle gustaban moito as matemáticas”; rematada a licenciatura realizará o proxecto de fin de carreira en Toulouse, Francia, e posteriormente, durante 6 anos, o doutorado na  Universidade Carlos III de Madrid.  Dende febreiro de 2004 é profesora titular no departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones de la Universidad Carlos III (funcionaria dende 2008).

Tras unha breve exposición da súa formación académica (sempre vixente), continúa coa súa dobre faceta profesional: como docente (profesora de Universidade) e investigadora destacada.

Durante a charla puidemos comprobar como a súa actividade docente e investigadora está vinculada ao ámbito da Radiofrecuencia (Campos .Electromagnéticos, Antenas…). As súas liñas de investigación están relacionadas con antenas impresas, estruturas periódicas, superficies artificiais e metamateriaies, así como con optimización en electromagnetismo, en definitiva antenas máis lixeiras  e cada vez mellores para as novas aplicacións.

En todo momento tratou de incentivar nos oíntes a importancia de ser un estudante responsable e constante, a importancia do afán de superación, do traballo diario, dun espírito curioso e creativo, que busque, cos seus inventos ou aportacións, avanzar cientificamente e mellorar a vida diaria das persoas.
Impresionounos o seu traballo en colaboración con numerosos científicos de Europa e fora de Europa , os seus numerosos viaxes  polo mundo, a súa asistencia a conferencias de renome internacional, e a súa importante labor, en numerosas ocasións premiada, aínda que Eva moi modestamente non comentou pero que os nosos investigadores sí coñecen: mellores notas no Instituto, Matricula de honor no Proxecto fin de Carreira, Premio de excelencia en investigación BBVA, terceiro premio a nivel mundial na competición Bell Labs Prize –xunto coas súas compañeiras de equipo, as profesoras Matilde Sanchez Fernandez, Ana García Armada y Eva Rajo-Iglesias que presentaron o  proxecto "Unleash the Wireless Power of your Device: Blended Antenna HUBs for your nconstrained Mobile Cloud Experience", etc.  A todo isto hai que sumar, entre outras cousas, o seu importante papel como escritora en numerosas revistas científicas de renome mundial.

Entre as antenas realizadas ata o momento chamounos a atención unha antena deseñada para colocar na parte baixa dun avión e que permite verificar a profundidade da capa de xeo na Antártida, as antenas deseñadas para ser colocadas en pacientes con marcapasos que permiten ter un seguimento e reducir as intervencións cirúrxicas,  ou unha antena que se colocou dentro dun bloque de formigón sen que sobresaia nada ao exterior para poder circular por enriba. Pero sobre todo  os nosos alumnos estaban agardando ver a chamada chaqueta intelixente, unha chaqueta que leva incorporada un bo número de pequenas antenas e que multiplica por 10 a velocidade de subida de contidos de dispositivos móbiles. Permite que unha prenda onde se camuflan decenas de antenas, poda conectarse a calquera unidade móbil para aumentar a súa velocidade de transferencia de datos, reducir o consumo de enerxía e mellorar a súa fiabilidade. Ademais tamén podería ter aplicación no sector biomédico.



Unha vez rematada a exposición, tivo lugar unha fluída quenda de preguntas, que foi dende preguntas científicas a nivel xeral pero sobre todo especificas ao seu campo de investigación, dubidas por exemplo de si a chaqueta pode mollarse, e tamén preguntas referentes ao eido persoal idade, idiomas que fala, …  e a remuneración económica dun científico.



Dende o centro en xeral e, moi especialmente, dende o equipo de biblioteca e dos titores que traballaron co seu alumnado neste proxecto de investigación  sobre os científicos de Monforte, queremos agradecer a Eva Rajo Iglesias o esforzo de visitar o noso centro e a nosa biblioteca, pois coa súa presenza e testemuña altruísta e científica  fixo que fose para todos un gran día e moi especialmente para o grupo que investigou sobre ela e que non quixeron irse sen o seu autógrafo.


Grazas Eva!!

viernes, 19 de febrero de 2016

Científicos Ilustres de Monforte de Lemos

O alumnado de 4º e 5º en novembro iniciaron unha interesante investigación sobre científicos ilustres nados en Monforte de Lemos. 
Os elixidos foron:  os finados  Doutor Casares, Doutor Goyanes e Doutor Teijeiro e os xoves investigadores Hector Gómez e Eva Rajo. Esta última, Eva Rajo Iglesias visitaranos o vindeiro luns 22 de Febreiro para explicarlles a súa experiencia, co que pretendemos achegalos ao mundo da ciencia e motivalos no estudio e transmitirlles que todos os sonos son posibles … se loitamos por acadalos.
Tentaremos engadir a esta inicial investigación a bióloga Iria Rodríguez.

http://www.bibliofortedixital.ceipmonforte.es/lectura/5-cientificos-ilustres-de-monforte-de-monforte-de-lemos-ref100007754.html


(Para ver o documento fai clic na imaxe)