Dende
a biblioteca queremos lembrar o IV centenario de Cervantes, considerado como o
máis grande escritor español de todos os tempos e o creador da novela moderna.
Cando no século XVII Miguel de Cervantes Saavedra escribiu “Don Quijote de la Mancha”, o libro máis editado e traducido da
historia despois da Biblia, senta as bases do que logo sería o xénero con máis
éxito da literatura, a novela.
Como sabedes o VII Conde de Lemos , protector dos máis
importantes literatos do momento, ten un papel primordial na creación literaria de Miguel de Cervantes
pois foi o seu mecenas.
O noso agradecemento a estes dous escritores
que co seu bo facer son a mellor maneira de fomentar a lectura e a escritura.