sábado, 18 de junio de 2016

Sheila Díaz, Poemas


Síntome moi feliz publicando estes fermosos poemas da nosa alumna, Sheila Díaz Rodríguez,
QUE GRAN POETA!!!

 

 

A Primavera

 

Despois da noite chega o día,

e tralo inverno, a primavera con alegría:

as andoriñas voan na eira,

sáenlle flores á ameixeira,

a bolboreta ó ourizo esperta,

o aire arrecende e o sol xa quenta.

 

 

O Verán

 

As ramas das árbores están adornadas

con froitas apetitosas e coloradas.

Á mañá cedo os animaliños

saen dos tobos cos seus filliños.

O día e moito máis caluroso,

chegou por fin o verán fermoso!

 

O Outono

 

A árbore sen follas vai quedando

e as uvas vanse vendimando.

Cheíña de figos está a eira

e o labrego recolle a súa colleita.

Os nenos van á escola cos libriños:

aquí está o outono, meus amiguiños!

 

O Inverno

 

A neve branca cae sen parar

sobre a casa, as árbores e o chan.

Fumegan chemineas

e péchanse as portas,

e os nenos esvaran polas costas.

O moneco de neve,

tan terno, anuncia que chegou o inverno.