Síntome moi feliz publicando estes fermosos
poemas da nosa alumna, Sheila Díaz Rodríguez,
QUE GRAN POETA!!!
A Primavera
Despois da noite chega o día,
e tralo inverno, a primavera con alegría:
as andoriñas voan na eira,
sáenlle flores á ameixeira,
a bolboreta ó ourizo esperta,
o aire arrecende e o sol xa quenta.
O Verán
As ramas das árbores están adornadas
con froitas apetitosas e coloradas.
Á mañá cedo os animaliños
saen dos tobos cos seus filliños.
O día e moito máis caluroso,
chegou por fin o verán fermoso!
O Outono
A árbore sen follas vai quedando
e as uvas vanse vendimando.
Cheíña de figos está a eira
e o labrego recolle a súa colleita.
Os nenos van á escola cos libriños:
aquí está o outono, meus amiguiños!
O Inverno
A neve branca cae sen parar
sobre a casa, as árbores e o chan.
Fumegan chemineas
e péchanse as portas,
e os nenos esvaran polas costas.
O moneco de neve,
tan terno, anuncia que chegou o inverno.