lunes, 27 de enero de 2014

Concurso-Exposición: Fotos de Ríos, Mares e Regatos.






 O CEIP Monforte a través da súa biblioteca, "Biblioforte", convoca un concurso-exposición de fotografías sobre regatos, ríos e mares, co obxectivo de destacar o importante patrimonio medioambiental dos regatos, ríos e mares e o seu entorno: flora, fauna, paisaxes, exemplos de boas e malas prácticas medioambientais, interaccións do ser humano co entorno natural, etc.
 Pretendemos crear unha exposición didáctica e interactiva coas fotografías realizadas e comentadas polos membros da nosa comunidade educativa para abordar dun xeito lúdico e participativo a temática antes mencionada.
 Coa presente actividade pretendemos implicar a todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnos, pais, persoal non docente, mestres...).
 Esta exposición situada no corredor da planta baixa, irá medrando día a día coas fotos aportadas polos interesados ata o 25 de abril, estando aberta ao público en horario lectivo.
Para máis información consultar as bases deste concurso: