viernes, 17 de abril de 2015

Un libro de todos





 Ola, teño algo que contarvos !!!

Dende a biblioteca do noso centro estamos a propor unha actividade na que agardamos contar coa colaboración non só da comunidade educativa, senón de toda a cidade.

Un libro de todos ¡ é unha proposta que pretende elaborar un libro tras recoller as achegas que os cidadáns/ás de Monforte fagan  no documento creado ao efecto e que fomos repartindo en distintas entidades:  Concello, Biblioteca Municipal, IES, Hospital Comarcal e  Ambulatorio, Estación de Renfe, Escola Oficial de Idiomas,...
Trátase de  escribir  ditos, lendas, poemas, adiviñas,... relacionadas con Monforte, podendo debuxar tamén un emoticono ao respecto.
Aqueles que queiran colaborar vía e-mail poden dirixirse ao correo do colexio: ceip.monforte@edu.xunta.es
Manter viva na memoria a nosa cultura e darlle publicidade... é tarefa de todos¡¡

Agardamos contar con moitas colaboracións¡